Inicio

 feed
twitter |  facebook

 

 Diagnóstico do Habitat de Galicia

 

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN. DIAGNÓSTICO DO HÁBITAT DE GALICIA. FASE 1

 

Denominación abreviada: PROXECTO HÁBITAT
Dirección: Plácido Lizancos Mora e Xosé Lois Martínez Suárez
Coordinación: Juan Manuel Doce Porto e Nieves Rodríguez Brisaboa
Promotor: Consellería de Vivenda e Consellería de Medio Rual da Xunta de Galicia en Convenio coa Universidade de A Coruña (ETS. Arquitectura e Facultade de Informática)
Orzamento: 293.265,00 €
Datas: Inicio en decembro 2007. Remate en decembro 2008

Equipo:
Informáticos: David Trillo, Miguel R. Luaces, Isabel Pérez-Urria Lage, Jose Ignacio Lamas Fonte, Verónica Fariña Iglesias, María Sordo Regueiro, Sonia Porras Lema, Silvia López López, David Fernández Morenza
Titores de grupo: Andrés Fdez-Albalat, Teresa Franco Martínez, Cristina García Fontán, Sonia Vázquez Díaz, José Ventura, Francisco Vidal, Javier Vizcaíno, Evaristo Zas
Administración: Natalia Mejuto
Recollida de datos: Laura Fidalgo Soto, Óscar Fuertes Dopico, Fiz Seixo Vázquez, Paula Valea González, José Enrique Gómez Seijo, Verónica Míguez García, María José Zelada Tomé Liño Lema Tilve, Aida Ariza González, Gumersindo Freire López, Sonia Lemos Lamas, Sheyla García Rodríguez, Emma Taboada López, Jacobo Vázquez González, Maeva Lorenzo Brianes, Raimundo Ferreirós Ferro, Gabriel Alarcón Sabarís, David Carballa Fernández, Antonio Bouza Castaño, Juan Carlos Mancho Trigo, Francisco Cameselle Molares, Paula Cuervo Tuero, Cristian Marcos Álvarez, Beatriz García Ron, Noelia Ramalleira Barrera, Gloria Seijo Veiguela, Sonia Núñez López, Illán Sama Valdés, Iván López Carreira, Valerio González Somoza, José Enrique Pumar Vázquez, Leticia Rodríguez Rodríguez, Rocío Casampere Dalama, Javier Vila Álvarez, Natalia Alvaredo López, Iria López Chousa, Sonia González Sierra, Iago Fernández Blanco, Ana Cabo Merayo, Carlos Romero Valeiras

Contactar co autor: placido.lizancos@udc.es

Dereitos: O titular dos dereitos de propiedade intelectual autoriza a visualización dos contidos deste Proxecto a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado ou con fins de investigación. En ningún caso permítese o uso lucrativo deste documento.

Documentación:

 

1. XUSTIFICACIÓN E DEFINICIÓN DO PROXECTO

A universidade ten entre os seus altos obxectivos a investigación.

Esta debe entenderse como unha oportunidade para reforzar os seus vínculos coa sociedade que a soporta e ademais como ámbito de experimentación das propostas coas que transformar a sociedade enteira.

Nesta orde de cousas o hábitat humano aparece como un magnífico campo de investigación e experimentación, con múltiples liñas que inciden directamente na calidade de vida das xentes.

Das múltiples vías hai unha especialmente relevante en Galicia, esta é a da análise das forzas que deron en moldear a actual configuración do hábitat. Sabido é que a Galicia non urbana ten unha paisaxe fermosa, tivo unha arquitectura vernácula magnífica e sobre este medio construíronse e estanse a construír algunhas arquitecturas de boa calidade. Mais a imaxe global do país é a dun territorio tensionado. E estas tensións teñen especial relevancia na contorna habitada isto é, no hábitat humano. Son forzas que hipotecan a vida humana, alterando a calidade do medio e incluso condicionante das capacidades produtivas deste. Por tanto deben ser introducidas nun proceso de racionalidade, aínda que sexa a feitos consumados. E para iso faise preciso, en primeiro termo o seu coñecemento e cuantificación.

Así pois, o coñecemento do hábitat da Galicia de inicios do século XXI expresará estas tensións e tamén revelará as oportunidades aínda dispoñibles.

2. OBXECTIVOS

Son obxectivo do proxecto de investigación a obtención dos datos que permitan a modelización científica do hábitat da Galicia contemporánea. Ese datos son os referidos a:

a) Identificación, avaliación e localización xeográfica dos fenómenos derivados da construción do hábitat e da sensación transmitida ó ambiente pola edificación en función de parámetros visuais e de formas de crecemento residencial.

b) Identificación, avaliación e localización xeográfica das edificacións de tipoloxía tradicional, avaliando o seu estado actual.

c) Detección e localización do estado de uso do parque inmobiliario, identificando abandono, ausencia de uso, infravivenda ou vivendas inacabadas en calquera dos seus estados intermedios.

d) Localización de zonas homoxéneas -en función de parámetros tales como potencial de transformación, operatividade técnica ou outros- nas que desenvolver accións de segundo orde.

e) Elaboración de conclusións a partir dos materiais obtidos, que sinteticen unha diagnose e enuncien recomendacións para a administracións e, no seu caso, propostas de realización de estudios polo miúdo de aspectos ou ámbitos singulares.

3. ÁMBITO

A vasta dimensión da mostra fixo necesario deseñar o estudio por fases, que se determinaron na memoria do documento.

Comprendería cada unha delas a máis ampla diversidade de situacións territoriais e poboacionais do país.

O traballo lanzouse como Fase I, con vocación de ser replicado nun segundo momento á globalidade do territorio galego.

4. RESULTADOS

Resumo de datos recollidos:

  • Total de entidades de entidades de poboación analizadas: 3.156
  • Total de fotos recollidas e referenciadas: 92.902
  • Información procesada: 155 Gb
  • Comarcas analizadas: A Limia, A Mariña Central, A Mariña Oriental, Baixa Limia, Bergantiños, Deza, Eume, Noia, O Condado, Quiroga, Tabeirós-Terra De Montes e Terra De Lemos

Un cambio político no Goberno de Galicia produciu como resultado a redefinición dos seus intereses en termos de estudo do hábitat.  As conclusións do traballo non foron nunca publicadas nin analizadas. Tampouco se estendeu o traballo de campo alén dos límites das catas desta Fase I.