![]() |
Proxecto de reciclaxe de materiais plásticos de refugallo, Fondo 0,7% UDC. Proxecto de investigación realizado por Arquitectos Sen Fronteiras Galicia en colaboración co profesorado da Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, co obxectivo de aportar un sistema constructivo pertinente, eficaz, económico e viable, que permita a reutilización dos refugallos máis contaminantes, e a mellora do acceso a unha construcción digna a unhas comunidades indíxenas guatemaltecas coas que veñen traballando dende hacia anos. |
![]() |
Diagnóstico del Hábitat de Galicia, Fase I. Unha análise das forzas que deron en moldear a actual configuración dun hábitat. Sabido é que a Galicia non urbana ten unha paisaxe fermosa, tivo unha arquitectura vernácula magnífica e sobre este medio construíronse e estanse a construír algunhas arquitecturas de boa calidade. Mais a imaxe global do país é a dun territorio tensionado. E estas tensións teñen especial relevancia na contorna habitada, isto é, no hábitat humano. Son forzas que hipotecan a vida humana, alterando a calidade do medio e incluso condicionante das capacidades produtivas deste. Por tanto deben ser introducidas nun proceso de racionalidade, aínda que sexa a feitos consumados. E para iso faise preciso, en primeiro termo, o seu coñecemento e cuantificación. |