![]() |
A Universidade constitúe ese laboratorio de ideas no que agromen aquelas solucións que permitan transformar unha realidade que se mostra claramente inadecuada para unha sociedade que se pretende igualitaria en dereitos.
O mundo do coñecemento no que se desenvolve a función docente debe de fomentar a procura desas novas propostas capaces de motivar un uso racional e sustentable dos recursos dispoñibles como medio de facilitar o acceso ao dereito fundamental do hábitat. Desde o estudo dos mecanismos de construción do territorio até o desenvolvemento de sistemas técnicos e materiais, o labor de investigación ten na universidade un preferente campo de traballo no desenvolvemento do potencial que achega o coñecemento especializado.
Contribucións teóricas e desenvolvementos concretos de metodoloxías de traballo teñen cabida neste espazo que aglutina as diferentes liñas de Investigación. O estudo da intervención arquitectónica como vía para o desenvolvemento humano é o seu denominador común.