|
![]() |
Arquitectos Sen Fronteiras é unha organización non gubernamental que, dende a súa fundación en 1995, leva traballando na defensa dun hábitat digno con especial incidencia nas poboacións máis desfavorecidas. Un dos piares básicos da organización é a súa base social, maioritariamente alumnos e egresados da Universidade da Coruña que traballan de forma voluntaria dende a súa fundación. Actualmente a organización conta con 30 voluntarios activos organizados en tres grupos de traballo:
- Grupo de cooperación internacional, que se encarga da identificación, xestión e difusión dos proxectos de cooperación en países en vías de desenvolvemento.
- Grupo de cooperación local, que traballa na identificación, xestión e difusión de proxectos no ámbito local, especialmente nas poboacións chabolistas do entorno da cidade da Coruña.
- Grupo de educación para o desenvolvemento, que traballa en labores de sensibilización e formación.
Dende a súa fundación no ano 1995, a sede oficial da organización está situada na Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, o que permite manter un grupo estable e amplo na base social e un contacto continuo coa Universidade da Coruña.
Nos seus anos de existencia en Galicia, Arquitectos Sen Fronteiras realizou, entre outros, os seguintes proxectos de cooperación internacional e actividades de sensibilización relacionadas tanto co ámbito internacional coma con proxectos de acción social desenvolvidos no ámbito local.
Proxectos de Cooperación local e internacional:
- Proxectos de cooperación internacional en 5 países: Chile, Nicaragua, Guatemala, O
Salvador e Mozambique (1997-2007).
- Misións exploratorias en Sáhara e Guatemala (2007).
- Subprograma de Habitabilidade Básica no marco do Programa Oxlajuj T’zikin
financiado pola Xunta de Galicia en Guatemala (2008-2012).
- Proxectos de acción social (cooperación local) nos asentamentos chabolistas de A
Coruña: As Rañas, Penamoa, O Portiño e A Pasaxe (2008-2012).
Proxectos de Educación para o desenvolvemento:
- Exposicións sobre os proxectos de ASF “ASF-España. Realizacións e proxectos” (1997-98) e sobre as fotografías dos Sem Terra de Brasil realizadas polo fotógrafo
Sebastião Salgado “Terra” (2005).
- Ciclo de relatorios cara ao alumnado universitario: “Na mesma beira. A cooperación
hoxe” (1998), Campaña “Hábitat, Indixenismo e Xénero” (2011).
- Actividades formativas en centros de ensinanza secundaria consistentes en actividades
educativas de diseño de camiseta para ASF e charlas informativas sobre a situación
dos países empobrecidos e os proxectos realizados.
- Xornadas de formación cara ao alumnado universitario: Xornadas sobre urbanización
marxinal (1999), Xornadas de cooperación para o desenvolvemento do hábitat en América Latina (1999), Xornadas sobre política de vivenda (2000), Xornadas formativas “Entrada Libre” (2006) con organización de obradoiros e diseño e maquetación dunha guía sobre a eliminación de barreiras arquitectónicas, 1ª edición do Seminario “Hábitat a Escala Humana” (2011) dirixido á formación do alumnado universitario en distintas disciplinas relacionadas co hábitat.
- Participación activa no diagnóstico gráfico “Cartografía Crítica da Coruña” (2007) dos procesos urbanísticos e sociais da cidade da Coruña.
- Concurso multidisciplinar de ideas “Distrito Activo” (2008) para a revitalización do barrio de Montealto na cidade da Coruña dirixido á cidadanía.
- Proxecto consorciado “Coñecendo os pobos, achegando culturas” con unha exposición fotográfica, campamentos maias, curso de xénero con pertinencia cultural e foro debate sobre os proxectos integrais.
- Proxecto consorciado con Enxeñería Sen Fronteiras "Tecnoloxías para o desenvolvemento humano", con charlas e cursos formativos no ámbito universitario.
Páxina web:
http://galicia.asfes.org/ (Demarcación de Galicia)
http://asfes.org/ (Arquitectos Sin Fronteras)
Contacto:
galicia@asfes.org
981 167 000 Ext 5033
ETS Arquitectura, Campus da Zapateira S/N, 15071, A Coruña (España)