A revista científica da Facultade de Dereito xorde en 1997 cunha vocación interdisciplinaria e procura recoller e compartir as achegas doutrinais dos investigadores nacionais e estranxeiros coa a comunidade científica na esfera xurídica. Neste senso, o Anuario está aberto a todas as áreas de coñecemento, sendo que se teñen publicados traballos da máis variada natureza. Así mesmo, no entendemento de que o Dereito ten non só unha vertente teórica, senón tamén unha práctica, no Anuario dedícase unha sección a Comentarios de Xurisprudencia, na que participan expertos dos diferentes ámbitos do Dereito positivo mediante a análise das resolucións ditadas por órganos xurisdicionais, quer nacionais quer estranxeiros. A actualidade científica acha o seu acomodo nunha terceira sección baixo o título de Recensións, Notas e Varia. As referencias a monografías xurídicas que aparecen no mercado e que poden presentar un certo interese científico, así como os congresos, os seminarios, as xornadas, as reunións ou as conferencias impartidas constitúen o seu contido.
Dende o ano 2016, o Anuario publícase en versión electrónica, incrementando notablemente o impacto das súas publicacións.
Directora
Profesora axudante doutora de Dereito Civil da UDC
Secretaria
Investigadora Postdoctoral UDC
O Anuario publica traballos científicos sobre Dereito de investigadores de calquera centro de investigación nacional ou estranxeiro e de profesionais de recoñecido prestixio.
Darase prioridade ós traballos orixinais e inéditos. Os traballos xa publicados poderán incluírse no Anuario cando o número de colaboracións o xustifique e cando a Comisión de Selección o estime oportuno pola calidade ou o interese das aportacións.
O Anuario publica traballos científicos inéditos sobre Dereito de investigadores de calquera centro de investigación nacional ou estranxeiro e de profesionais de recoñecido prestixio.
Excepcionalmente, poderán ser admitidos traballos xa publicados noutras sedes científicas en atención á calidade ou o interese das achegas, ao prestixio dos seus autores ou á importancia da sede en que foron anteriormente publicados. En ningún caso o número de achegas non orixinais superará o 20% do número total de traballos seleccionados.
Os traballos poderán presentarse en lingua castelá ou galega (de acordo coa lexislación autonómica vixente en materia de normalización lingüística). Tamén poden ser admitidos traballos en inglés.
A extensión máxima fixada para os traballos en cada unha das seccións é a seguinte:
Excepcionalmente, en atención ao posible interese e calidade do contido do traballo achegado, poderán admitirse traballos que excedan dos límites de extensión máxima antes sinalados.
Os traballos recibidos serán incluídos nas seccións do Anuario de acordo co seu contido.
O Consello de Redacción someterá os traballos recibidos á avaliación de expertos e decidirá sobre a súa publicación. Os traballos serán avaliados por pares cegos.
As decisións serán comunicadas aos autores por correo electrónico. En caso de rexeitarse a publicación deberán indicarse os motivos esgrimidos polos avaliadores. En caso de que o traballo sexa aceptado con modificacións, concederáselle ao autor un prazo non inferior a quince días para a súa corrección.
As datas de envío e de aceptación de cada un dos traballos aparecerán nun lugar visible da publicación.
Se os traballos aceptados para a súa publicación non cumpren as condicións de edición expostas no apartado 2, devolveranse aos seus autores, concedéndolles un prazo non inferior a dez días para facer as correspondentes modificacións formais. Se un autor non devolve en prazo o traballo debidamente corrixido, entenderase que renuncia a publicalo no Anuario.
O feito de publicar no Anuario non impide que o autor proceda as posteriores publicacións noutros medios, sempre e cando faga constar a súa previa aparición nesta revista.
O Anuario non se identifica necesariamente co contido das opinións expresadas polos autores nos traballos que nel se encontran publicados, responsabilizándose aqueles, exclusivamente e para todos os efectos, deste.