Primeiro cuadrimestre:
Segundo cuadrimestre:
Primeiro cuadrimestre:
Nota: os alumnos deberán adiantar as Prácticas Externas II para finalizalas antes da súa incorporación na U. Widener.
Nota: os alumnos que se incorporen á U. Widener poderán defender o seu TFM en liña, nas datas da primeira convocatoria, ou defendelo presencialmente nas datas da segunda convocatoria.
Materias do LLM in Corporate Law & Finance:
Materias do LLM in Human Rights and Dignity Law:
Os alumnos interesados en acceder ao programa coa Universidade de Widener deberán realizar a correspondente solicitude na secretaría da Facultade de Dereito da UDC tras completar satisfactoriamente os 30 ECTS do primeiro cuadrimestre do primeiro curso do Mestrado en Avogacía e Procuradoría UDC + ICACOR, antes do día 28 de febreiro do ano anterior ao ano no que se prevé facer a mobilidade.
Unha vez aceptados no programa, os alumnos deberán realizar o proceso de solicitude na Widener University, School of Law, que inclúe a presentación da documentación necesaria para a aceptación, a tramitación do aloxamento nas instalacións da universidade e a tramitación do visado correspondente para poder estudar nos Estados Unidos.
Os alumnos interesados poden realizar a solicitude na nova aplicación do portal, na ligazón seguinte:
https://succeed.widener.edu/register/delgrad_app_launcher
Data límite: o 15 de Setembro de 2024, para ter os documento para viaxar en Xaneiro.
O semestre na Widener University, Delaware School of Law terá un custo aproximado para o alumno de 6,500 dólares estadounidenses, sen incluír o aloxamento e o seguro de saúde obrigatorio. Este prezo inclúe un desconto para os alumnos da UDC e pode variar de ano en ano.
A aceptación no programa non implica soporte económico.