Itinerario Plurilingüe

Grao Bilingüe

Se es estudante de Dereito e desenvólveste con facilidade en inglés, podes optar por facer o grao plurilingüe, no que polo menos o 50% das materias impártense en inglés.

Os requisitos para obter este grao son:

  • Acreditar a competencia lingüistica suficiente para seguir o itinerario, de acordo co artigo 4 da normativa reguladora da docencia en inglés nas titulacions da UDC. Existen tres posibilidades para acreditar a competencia lingüistica:
    • 1. Acreditar un nivel B2 de inglés a través dos titulacións admitidas. Tamén é posible acreditar un nivel B1 ao solicitar a incorporación ao programa e o nivel B2 ao final do primeiro cuadrimestre.
    • 2. Acreditar ter superado un curso equivalente a 4º da ESO ou superior en sistemas educativos de lingua inglesa.
    • 3. Presentar diploma de asistencia e superación a un curso de B1.2 ou superior do Centro de Linguas da Universidade da Coruña. Tamén admitiranse certificados similares expedidos por centros de linguas dotras universidades españolas.
  • Superar polo menos 120 créditos do Grao en Dereito en inglés. Podes encontrar as materias que se imparten en inglés na Facultade de Dereito da UDC aquí. Os créditos en inglés tamén poderán obterse mediante unha movilidade nunha Universidade que imparta docencia en inglés.

A solicitude de incorporación a este itinerario debe realizarse indicando que desexas a docencia en inglés no momento de facer a matrícula. Solicitude

Ademáis, tes que presentar a xustificación do nivel de idioma na secretaría no prazo de 10 días naturais desde que formalices a matrícula. Non poden cursar asignaturas en inglés quenes non están incorporados ao grao ou itinerario plurilingüe.

Grao Bilingüe

A docencia en inglés ten límite de prazas (20). Se houbese máis solicitudes, a selección farase por orde de cualificacións das ABAU. Antes do comezo das clases publicarase a relación de alumnos admitidos e a lista de espera. Para facilitar a incorporación ao ensino en inglés, os estudantes que opten por esta posibilidade quedarán automaticamente asignados ao grupo de mañá.

Podes desistir de cursar o grao ou itinerario plurilingüe e incorporarte ao grao en castelán/galego nas dúas primeiras semanas do curso presentando un escrito en secretaría.

A incorporación ao grao ou itinerario plurilingüe debes solicitala ao comezar a carreira. Aínda que quedas automaticamente adscrito a esta titulación, nos cursos seguintes debes seleccionar a docencia en inglés nas materias que corresponda ao facer a matrícula. Se non desexas continuar neste grao ou itinerario debes presentar un escrito en secretaría pedindo a adscrición ao grao en castelán/galego dentro do prazo de matrícula ordinaria.

Contacto

Mª Ángeles Fuentes Loureiro
Coordinadora do estudo
maria.fuentes.loureiro@udc.es