Exercicio e Saúde

Para poder participar en calquera actividade programada pola Área de Deportes da UDC, todos os membros da Comunidade Universitaria deberán ser Abonados/as da Área de Deportes no presente curso académico.

Os usuarios/as Non Universitarios deberán abonar unha matrícula, a maiores do prezo da actividade en cuestión na que se anoten, para poder participar nas actividades abertas a eles/as...

Todas as actividades de Exercicio e Saúde rexeranse polo calendario académico universitario do curso actual. Cando o calendario académico universitario marque un festivo ou non lectivo, ese día, non haberá clases e non se recuperarán.

1º cuadrimestre: do 17 de setembro ao 8 de febreiro
2º cuadrimestre: do 11 de febreiro ao 28 de xuño

Os membros da Comunidade Universitaria poderán inscribirse a partir do 10 de setembro e o público en xeral a partir do 17 de setembro.

Os/as usuarios/as que teñan feita unha inscrición no primeiro cuadrimestre, terán a preferencia para a reserva da praza que ocupan no segundo cuadrimestre, abríndose para eles/as un periodo de renovación anterior ao prazo de inscrición do segundo cuadrimestre.

Nalgunhas actividades poderase obter o recoñecemento de créditos (alumnos/as de Grao) (normativa e resolución reitoral) superando o 85 % da asistencia.

A Área de Deportes resérvase o dereito de suspender algunha actividade de non se alcanzar unha participación mínima ao rematar o prazo aberto de inscrición para a Comunidade Universitaria. Cómpre consultalo no momento da inscrición.

 

 UDCorre

Exercicio e solo pelviano

Hipopresivos

Ioga de inspiración Iyengar

Pilates

Estiramentos - Gap

Ioga

Adestrador persoal

Mantemento Físico

Sala de Musculación