Aula Náutica

Dende o curso 2014/2015 a Área de Deportes encárgase da dirección da Aula Náutica da UDC. Trátase dun edificio polivalente que nos permite organizar actividades de todo tipo, dende as actividades propiamente náuticas pasando polos cursos de formación ou as actividades dirixidas de exercicio e saúde ata a posibilidade do seu aluguer para obradoiros, congresos, seminarios, eventos, cursos de verán...

AULA_NAUTICA_UDC from UDC Deportes on Vimeo.

 

Para poder participar en calquera actividade programada pola Área de Deportes da UDC, todos os membros da Comunidade Universitaria deberán ser Abonados/as da Área de Deportes.

Os usuarios/as Non Universitarios deberán abonar unha matrícula, a maiores do prezo da actividade en cuestión na que se anoten, para poder participar nas actividades abertas a eles/as.

Poderás inscribirte ao longo do curso:

1º cuadrimestre: do 18 de setembro ao 9 de febreiro.
2º cuadrimestre: do 12 de febreiro ao 29 de xuño.

Os membros da Comunidade Universitaria poderán inscribirse a partir do 11 de setembro e os Non Universitarios a partir do 18 de setembro.

A Área de Deportes resérvase o dereito de suspender algunha actividade de non se alcanzar unha participación mínima ao rematar o prazo aberto de inscrición para a Comunidade Universitaria. Cómpre consultalo no momento da inscrición.

 

A continuación especifícanse as actividades náuticas :

  1. Cursos de Vela Lixeira
  2. Bautizos Subacúaticos
  3. Cursos de Catamarán
  4. Cursos de Windsurf
  5. Cursos de Surf
  6. Aluguer de Piraguas
  7. Aluguer de Paddle Surf

Inscricións

 

Poderás inscribirte no seguinte curso de Formación:

  • Cursos Teóricos de Patrón de Embarcacións de Recreo (PER).

Inscricións

  • Cursos Teóricos de Patrón de Navegación Básica (PNB).

Inscricións

  • Cursos de Mergullador Deportivo

Inscricións

 

Organizaranse tamén actividades dirixidas relacionadas co Exercicio e a Saúde:

 

1. Hipopresivos

2. Pilates

3. Estiramentos-Gap