Mulleres +

Actividades dirixidas para a mellora da saúde e a calidade de vida das mulleres.

 

EXERCICIO E SOLO PELVIANO

Actividade dirixida á muller.

Desenvólvese no marco da saúde a prevención e o benestar da muller. Poñeranse en práctica exercicios para activar, tonificar e mover todo o corpo, implicando conscientemente a musculatura do solo pelviano.

A toma de conciencia do solo pelviano para localizalo, entendelo e recoñecelo permitirá a cada muller identificar as súas debilidades e así activalo mellorando o seu estado. Isto repercutirá na súa mellor calidade de vida, unha mellor condición física, así como unha prevención e mellora de disfuncións como incontinencias, prolapsos, sexualidade e problemas de costas.

As mulleres deportistas beneficiaranse nos seus adestramentos do coñecemento da protección da musculatura perineal.

 

Centro Cultural Universitario - Sala Multiusos

Luns e mércores de 18:30 a 19:30 h.

Inscrición