Hipopresivos

Actividade dirixida a homes e mulleres.

1º cuadrimestre: do 1 de outubro ao 14 de febreiro

2º cuadrimestre. do 15 de febreiro ao 30 de xuño

Os exercicios hipopresivos baséanse nunha serie de posturas coordinadas e progresivas con diferentes niveis de dificultade nas que implica un control da postura e da respiración para diminuír a presión intraabdominal e conseguir unha activación da musculatura interna do corpo moi efectiva.

Practicar hipopresivos provoca un efecto semellante ao de recargar as pilas, é beneficioso para mellorar a postura e libera con isto as tensións das nosas costas. Permítenos tamén activalo suelo pélvico (en mulleres incluso se teñen incontinencia ou prolapso) e a faixa abdominal, co cal conseguimos manter o abdome máis plano e forte. Para persoas deportistas, é o complemento axeitado para mellorar no rendemento dos adestramentos.

Horario: Luns e mércores de 18.30 a 19.30 h na Sala Multiusos do Centro Cultural Universitario do campus de Ferrol

Membros Comunidade Universitaria: 80 € ano

Non Universitarios: 140 € ano

Inscricións

Horario: Venres de 9.00 a 10.00 h ou de 15.15 a 16.15 h na Sala Multiusos do Centro Cultural Universitario do campus de Ferrol

Membros Comunidade Universitaria: 40 € ano

Non Universitarios: 80 € ano

 Inscricións