Escolas Deportivas

Para poder participar en calquera actividade programada pola Área de Deportes da UDC, todos os membros da Comunidade Universitaria deberán ser Abonados/as da Área de Deportes.

Inicia ou perfecciona a túa actividade deportiva nalgunha das escolas deportivas da universidade da Coruña. Poderás inscribirte ao longo do curso:

1º cuadrimestre: do 19 de setembro ao 10 de febreiro.
2º cuadrimestre: do 13 de febreiro ao 30 de xuño.

Todas as escolas deportivas rexeranse polo calendario académico universitario do curso actual. Cando o calendario académico universitario marque un festivo ou non lectivo, ese día, non haberá clases e non se recuperarán.

Os membros da Comunidade Universitaria poderán inscribirse a partir do 5 de setembro e o público en xeral poderá facelo a partir do 19 de setembro.

  • No caso de que o/a alumno/a non cumpra coa asistencia mínima esixida (máximo 5 faltas non xustificadas) perderá a praza en favor da seguinte persoa da listaxe de agarda, sen dereito á devolución da cuota de inscrición.
  • Os universitarios/as que tomen parte nalgunha escola deportiva, terán a posibilidade de obter o recoñecemento de créditos (normativa e resolución reitoral), de ter unha asistencia mínima ás sesións do 85% durante todo o curso académico.
  • Descontos nas matrículas: 25% para a segunda escola e 50% para a terceira e sucesivas (só para escolas anuais e non computarán as escolas gratuítas).
  • Os/as usuarios/as que teñan feita unha inscrición no primeiro cuadrimestre, terán a preferencia para a reserva da praza que ocupan no segundo cuadrimestre, abríndose para eles/as un periodo de renovación anterior ao prazo de inscrición do segundo cuadrimestre.
  • A Área de Deportes resérvase o dereito de suspender algunha escola de non se alcanzar unha participación mínima ao rematar o prazo aberto de inscrición para a Comunidade Universitaria. Cómpre consultalo no momento da inscrición.

 

Máis información e inscricións


ESCOLAS INFANTÍS DE INICIACIÓN DEPORTIVA:

 

      * Ximnasia artística

            Psicomotricidade (de 3 a 4 anos)

            Escola (de 5 a 10 anos)

            Habilidades acrobáticas (maiores de 11 anos)

  • * Baloncesto (de 6 a 12 anos)
    * Fútbol 7 (de 6 a 12 anos)
    * Balonmán (de 6 a 12 anos)

 

  • O obxectivo principal destas escolas é a iniciación de forma lúdica nunha modalidade deportiva, aprendendo dos principais valores que proporciona o deporte, como son a colaboración, a solidariedade, a cooperación...
  • Actividades gratuítas deseñadas para fillos e fillas de membros da Comunidade Universitaria.
  • Todos os nenos e nenas participantes deberán ter o Abono deporte 2016-2017.

 

Máis información e inscricións