Campamentos de Verán Multideportivos e Náutico + Inglés

OBXECTIVOS:

O obxectivo principal destes campamentos é o de ocupar de forma lúdica e saudable as datas das vacacións escolares. Atenderase de forma significativa o fomento da práctica da actividade física, así como de hábitos saudables entre os máis novos e poder loitar contra o sedentarismo. Os rapaces e rapazas poderán desfrutar dos principais valores que nos proporciona o deporte, como son a colaboración, a solidariedade e a igualdade. 

 

ACTIVIDADES:

Multideportivo: Xogos pre-deportivos, populares, tradicionais e de competición, escalada, actividades multiaventura e animación, obradoiros de manualidades, xogos ao aire libre... 

Náutico + inglés: Actividades náuticas, vela lixeira, kayak e paddle surf, tempo libre, técnicas de orientación, actividades no medio ambiente, excursións e actividades en inglés...

 

A QUEN VAI DIRIXIDO:

A Coruña:

multideportivo: nenos e nenas entre 6 e 12 anos.

náutico + inglés: nenos e nenas entre 8 e 14 anos.

As prazas son limitadas e terán preferencia na inscrición os familiares dos membros da Comunidade Universitaria.

 

LUGAR DE REALIZACIÓN.

Instalacións deportivas da UDC nos Campus de Elviña e na Aula Náutica do dique de abrigo (A Coruña). 

 

DATAS:

A Coruña: derradeira semana do mes de xuño, durante todo o mes de xullo e primeira semana de setembro de 2017. 

 

INSCRICIÓNS E INFORMACIÓN:

Nas oficinas da Área de Deportes da UDC.