Escola anual para a iniciación e práctica do tenis. Dirixida para todos aqueles membros da Comunidade Universitaria que teñan o Abono Deportes do actual curso académico.
Instalación: Pista de tenis do Pavillón de Deportes Campus de Elviña.
Todas as escolas deportivas rexeranse polo calendario académico universitario. Cando o calendario académico universitario marque un festivo ou non lectivo, ese día, non haberá clases e non se recuperarán.
Os universitarios/as (alumnos/as de Grao) que tomen parte nalgunha escola deportiva, terán a posibilidade de obter o recoñecemento de créditos (consultar o apartado de normativa), de ter unha asistencia mínima ás sesións do 85% durante todo o curso académico.
A Área de Deportes resérvase o dereito de suspender algunha escola de non se alcanzar unha participación mínima ao rematar o prazo aberto de inscrición para a Comunidade Universitaria. Cómpre consultalo no momento da inscrición.
Máis información e inscrición: A Coruña
Competicións internas: A Coruña
Competicións externas: Campionato de España Universitario (CEU)
Pista de Tenis do Pavillón de Deportes Campus de Elviña
COMO ACCEDEMOS Á INSTALACIÓN?
- Se a reserva é gratuíta (todos/as abonados/as á Área de Deportes) TODAS AS PERSOAS PARTICIPANTES terán que identificarse nos lectores do Estadio Universitario co código QR da súa ficha do udcxest.udc.gal (terase que identificar primeiro a persoa que fixo a reserva no lector do torno e, a continuación, os/as demais participantes no lector situado no portelo da conserxaría). A persoa que fai a reserva queda obrigada a indicar, no caso de ser necesario, quen participou con él/ela na reserva.
-Cando a reserva non é gratuíta terá que identificarse co código QR no torno SÓ a persoa que fixo a reserva. Este/a usuario/a queda obrigado/a a indicar, no caso de ser necesario, quen participou con él/ela na reserva.
Indicamos a continuación cales son os pasos para obter o código QR:
acceder a udcxest.udc.gal
Autenticarse en “Usuario/a” (arriba á dereita)
Nada máis acceder á súa ficha, verá o botón onde pode descargarse o seu código QR