Abono Deporte

Prezo 30 € (válido para todo o curso académico en vigor. Do 1 de setembro ao 31 de agosto)

 

 Que inclúe?

 

Abono Deporte, se es membro da Comunidade Universitaria:

- Alumnado de calquera dos tres ciclos: Grao, Máster e Doutoramento ou 1º, 2º e 3º ciclo da UDC, persoal docente e investigador (e cónxuxes e fillos de entre 15 e 28 anos), persoal de administración e servizos (e cónxuxes e fillos de entre 15 e 28 anos), estudantes de programas de intercambio e estudantes de mestrados con seguro de cobertura de actividades deportivas.

- Non todas as actividades están abertas para os fillos/as abonados da comunidade universitaria (consultar antes da inscrición).

- Despois de participar nalgunhas competicións e actividades, os alumnos/as de Grao poderán solicitar o recoñecemento de créditos (normativa e resolución reitoral).

- Todos os usuarios/as abonados/as da Área de Deportes no presente curso académico poderán facer uso gratuíto das instalacións deportivas propias da UDC, agás da sala de musculación.

 

Matrícula, para público en xeral co pagamento de 60€ (válido para todo o curso académico en vigor. Do 1 de setembro ao 31 de agosto) a maiores do prezo da actividade en cuestión na que se anoten, para poder participar nas actividades abertas a eles/as. O pagamento da matrícula inclúe un seguro de accidentes.

 

Poderás abonar o Abono Deporte ou a Matrícula a partir do 1 de setembro.

 

Para facer o Abono Deporte ou a Matrícula preme aquí e pasa a recoller o teu adhesivo (Abono Deporte) ou o carné de usuario (matrícula de Non Universitario). 

 

 - Todas as actividades deportivas están suxeitas para o seu correcto desenvolvemento a un número mínimo de participantes. A Área de Deportes resérvase o dereito de suspender algunha actividade de non se alcanzar unha participación mínima ao rematar o prazo aberto de inscrición para a Comunidade Universitaria. Cómpre consultalo no momento da inscrición. 

- Todas as actividades deportivas rexeranse polo calendario académico universitario. Cando o calendario académico universitario marque un festivo ou non lectivo, ese día, non haberá clases e non se recuperarán.

- A Área de Deportes reservase o dereito a modificar as actividades ou os prezos.

- Toda reserva de praza feita nunha actividade deportiva terá validez ata que remate o prazo de confirmación (pagamento). Transcorrido este prazo a reserva quedará anulada. No suposto de ter realizado o pago mediante ingreso bancario, deberase presentar o resgardo do pago nas oficinas da Área de Deportes no prazo anteriormente marcado, de non ser así, procederase á anulación da praza (o feito de ter pagada a cuota non garantiza de por si a inscrición).

- Non se realizará ningunha devolución de pagamento salvo que a actividade ou instalación non se puidera realizar ou utilizar por causas imputables á Área de Deportes.

 

 * Para o acceso a todas as instalacións deportivas por parte dos Abonados/as da Área de Deportes, será obrigatorio presentar, ante o persoal responsable da instalación, o carné universitario co adhesivo do Abono Deporte do curso en vigor. O público en xeral deberá presentar o seu carné de usuario.