XVII ENCONTRO GALEGO e
X GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS/ES POLA PAZ
23, 24 e 25 de abril, 2004
Hotel Novo Muiño. Praia de Camposancos-A Guarda (Pontevedra)
ORGANIZA:
O sábado pola tarde é momento de vivir experiencias e propostas educativas desde os seis obradoiros/oficinas que se ofertan (cada participante debe escoller un dos seis). Con temática variada e renovando a práctica totalidade dos obradoiros, e contando con profisionais con experiencia e mérito recoñecidos. A parte práctica do Encontro continúa o domingo pola mañá coa presentación e experiencias. Como é tradicional, os xogos cooperativos salpicarán o Encontro ao longo da fin de semana.
Pero, ademáis este Encontro ten outro elemento de vital importancia como é a proposta que se vai discutir na Asamblea do domingo para constituir una Asociación galaico-portuguesa de educadores pola paz. Unha proposta que pretende fortalecer a vida deste movemento transfronteirizo que encetamos hai máis de dez anos.
Por último o a convocatoria deste ano ten outro elemento que o fai especial como é a celebración do 21º aniversario de Educadores/as pola paz-Nova Escola Galega e máis o 30º aniversario da revolución democrática do 25 de abril.
16.00h.- Recepción
18.00h.- Xogos Cooperativos
19.00h.- Apertura e Boas vindas
19.15h.- Conferencia-debate: “A nova desorde internacional: hexemonía estadounidense e contestacións”, por Carlos TAIBO (Profesor da Universidade Autonóma de Madrid. Autor de numerosos libros e artigos. Colaborador habitual dos xornais El País e La vanguardia).
21,00h.- Cea/ Jantar.
22.00h.- Ponto de encontro. Presentación das organizacións presentes. Dinámicas de presentación e coñecemento.
08.00h.- Almorzo/Pequeno almoço.
09.30h.- Tema de Estudo: “Educar para a paz en tempos de globalización e guerra preventiva”, presentado por Xesús R. JARES (Coordinador de Educadores pola paz-NEG. Catedrático da Universidade da Coruña. Presidente da Asociación Española de Investigación para a Paz-AIPAZ)
10.30h.- Preguntas aclaratorias e organización dos grupos de reflexión
11.00h.- Pausa
11.30h.- Traballo de reflexión en grupos simultáneos
12.30h – Conclusións e posta en común
13.00h.- Posta en común (gran grupo) e conclusións
14.00.- Xantar/Almoço
16.30h.- Obradoiros/ Oficinas (2 sesións de 2h cun descanso no medio): Cada participante escolherá um dos seguintes:
Re-encantar o mundo através de uma pedagogia dos afectos: as expressões artísticas integradas numa educação para a paz, por Lucilia VALENTE (Professora Associada no Departamento de Artes da Universidade de Évora, Portugal)
Teoría e práctica do obradoiro da escrita. A poesía na aula, por Bernardo CARPENTE (Profesor de Ensino Medio en Vigo, Galiza)
Danças do mundo, por Paulo FERREIRA RODRIGUES
(Professor na Área de Educação Musical da Escola Superior
de Educação de Lisboa, Portugal)
Estratexias para a mellora da convivencia, por Carmen LOUREIRO (Profesora de Secundaria na Illa de Arousa, Galiza)
Educaçao para a paz, educar na diferença. Estratégias e actividades para os educadores, por Armindo GREGORIO e Maria do Céu FERRO (Educadores da ONG Oikos en Lisboa, Portugal)
O coñecemento a a ciencia nun mundo globalizado.
A crítica da ciencia desde o feminismo e outras exclusións, unha aportación á
cultura e a educación para a paz, por Carmen MAGALLÓN (Fundación
Seminario de Investigación para la Paz, Zaragoza)
21.00h.- Cea/Jantar
22.00h.- Festa da Paz e do 25 de abril
09.00h.- Almorzo/Pequeno almoço.
10.30h.- Presentación de experiencias e comunicacións
11.45h.- Pausa
12.00h.- Asamblea: Avaliaçión do Encontro e Proposta para unha organización do movemento galaico-portugués de educadores pola paz
13.15h.- Fotografia da paz e ceiba da pomba da paz
13.30h.- Xantar/Almoço.
16.00h.- Clausura/Encerramento do encontro
EXPOSICION E VENDA DE MATERIAIS:
Durante o ENCONTRO haberá exposición e venda de materiais. As persoas/grupos que queiran desenvolver unha destas actividades deben comunicalo á organización para reservar o sitio.
PRESENTACION DE COMUNICACIÓNS E EXPERIENCIAS:
As persoas que queiran presentar experiencias ou comunicacións deben comunicarllelo á organización e adxuntar nun folio o resumo da mesma. Prégase acompañalo con soporte informático. Poden ser enviadas por correo-e á dirección: jares@udc.es
Data tope de entrega: 31 de marzo.
PRECIOS:
1. Pensión completa a fin de semana máis matrícula en habitación dobre:
a) Socios de NEG ; socios do MEP; estudantes e parados/desempregados até o día 31 de marzo: 80 euros. Despois desa data: 90 euros.
b) Resto das persoas: 90 euros até o día 31 de marzo. Despois desa data o precio é de 100 euros.
As persoas que queiran habitación individual teñen que pagar un suplemento de 10 euros.
2. Só matrícula:
a) Ata o día 31 de marzo:
- Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes e parados/as,: 25 euros.
- Resto: 30 euros.
b) Despois do 31 de marzo:
- Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes/as e parados/as,: 35 euros.
- Resto: 40 euros.
CERTIFICACIÓN:
* Actividade homologada pola Consellería de Educación por un total de 20 horas. Entregase certificado oficial aos asistentes así como aos que presenten experiencias/comunicacións.
* Para as/os estudantes das universidades solicitarase a concesión de 2 créditos de libre configuración, tal como foi concedido pola Universidade da Coruña para Encontros anteriores.
INSCRIPCIONS:
Enviar os datos persoais da ficha de inscripción xunto coa fotocopia do xustificante da transferencia bancaria a:
Educadores pola paz
Apdo. 577
36200 VIGO (Pontevedra) (España)
CONTA a nome de: Educadores pola Paz
Nº: 2080.0000.71.0040194535 de Caixanova (Oficina principal) en Vigo.
PORTUGAL:
· Escola Secundaria do Moinho da maré. Corroios-Seixal (Setúbal)
Tfno. 21 25 38 881. Fax: 21 25 39 150
Correo-e: es3moinhomare_ce@iol.pt
GALIZA:
· Nova Escola Galega (NEG): Tfno/Fax: 981.56 25 77 ((lúns de 19 a 21,30 h. e xoves de 9 a 11h.). Correo-e: neg@iaga.com
· Dto. de Pedagoxía e Didáctica: Tfno. 981 16 70 00. Ext. 1743 ou 1867
Fax: 981 16 71 53 (a atención de Xesús Jares)
Correo electrónico: jares@udc.es
XVII ENCONTRO GALEGO-X GALEGO/PORTUGUES DE EDUCADORES/AS POLA PAZ
Nome e apelidos: .....................................................................................................................................................
Domicilio: ................................................................................................................................................................
Localidade: ............................................... C.P......................... Tfno: ........................... Correo-e: .........................
Centro de traballo: . ..................................................................................................................................................
Area ou materia que imparte: ..................................................................................................................................
Se vas presentar alguha experiencia/comunicación indícanos o título: .................................................................
....................................................................................................................................................................................
Obradoiro/atelier ao que te apuntas (As prazas cubriránse por orde de chegada):
1ª Opción: Título do obradoiro/atelier: ....................................................................................................
2ª Opción: Título do obradoiro/atelier.......................................................................................................
Compartirei aloxamento con: ...................................................................................................................................
Socio/a de: .................................................................................................................................................................
OBSERVACIONS:................................................................................................................................................. ....................................................................................................................................................................................