XV ENCONTRO GALEGO e
VIII GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS/ES POLA PAZ
16, 17 e 18 de novembro de 2001
Hotel Novo Muiño, Praia de Camposancos-A Guarda (Pontevedra)
ORGANIZAN:
Educadoras/es pola Paz-Nova Escola Galega
Dto. de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentáis da Universidade da Coruña
Movimento dos Educadores para a Paz (MEP) de Portugal
COLABORAN:
Caixanova
Concellería de Educación e Muller. Concello de Vigo
A cita anual das educadoras e educadores pola paz galegos e portugueses levanos este ano a repetir por segunda vez un dos enclaves paisaxísticos máis fermosos e espectaculares da nosa xeografía: a desembocadura do Miño, onde o rio fundese co mar unindo, ao mesmo tempo, as terras irmás de Galicia e Portugal. Efectivamente, por segunda vez imos facer o Encontro no Hotel Novo Muiño, na mesma praia de Camposancos-A Guarda, que ademáis supuxo o lugar onde moitos colegas portugueses asistiron por primeira vez aos nosos encontros. E con moitos deles e delas xa quedamos unidos para sempre.
A temática deste ano xira en torno á convivencia. Unha convivencia que non pode estar exenta de conflictos pero que queremos respectuosa e libre de todo tipo de discriminacións. Non podemos obviar o feito de que tanto en Portugal como no Estado español están a aparecer signos preocupantes en relación a aceptación da diversidade e máis particularmente da inmigración. Por elo a mesa redonda do venres día 16 xira en torno a un tema central nas nosas sociedades, "convivencia e inmigración". Para elo van falar persoas que están a pé de obra traballando neste terreo, uns desde a súa condición de inmigrantes, outros desde a súa condición de apoiar desde aquí a súa integración e os seus dereitos.
E o sábado abordamos o tema da convivencia pero desde o propio sistema educativo. ¿Cómo debemos organizar os centros para favorecer a convivencia?, ¿qué factores inciden na mesma?, ¿qué tipo de estratexias e recuros debemos implementar para favorecer unha convivencia democrática?. Serán algúns dos interrogantes que traballaremos contando coa dirección dunha das persoas que máis ten reflexionado e traballado esta temática, tanto desde a teoría como desde a práctica, Miguel. A. Santos Guerra.
Como é tradicional o Encontro completase cos obradoiros simultáneos, a presentación de experiencias e os xogos cooperativos que, como é habitual, salpicarán o Encontro ao longo da fin de semana.
PROGRAMA
Venres/ Sexta-Feira, 16 de Novembro
17.00 h — Recepción
18.00 h -— Xogos Cooperativos
19.00 h -— Abertura. Boas vindas
19.15 h -— Mesa Redonda: "Convivencia e inmigración". Interveñen Mercedes García (Mulleres Progresistas, El Ejido, Almería); Ibrahima Niang (Asociación para a Integración e Desenvolvemento dos Africanos, AIDA, Vigo) e Manuel Correia (Frente Antirracista, Lisboa).
21.15 h -— Cea/Jantar
22.00 h — Punto de encontro. Apresentação e saudações das Organizações Presentes. Realización da pomba da paz (Coordina Nardo Carpente)
Sábado, 17 de Novembro
08.00 h — Pequeno-almoço
09.30 h — Tema de Estudo: "A xestión democrática da convivencia". Por Prof. Dr. Miguel Angel Santos Guerra (Universidade de Málaga).
10.30 h -— Debate
11.00 h — Pausa
11.30 h — Reflexión en grupos simultáneos sobre a ponencia
13 h — Posta en común. Conclusións
14 h — Xantar/Almoço
17,00 h—Obradoiros/ Ateliers. Cada asistente escollerá un dos seguintes:
A. "Vivir a paz: a poesía e a danza", por Mª Virginia Rodrígues (Portugal)
B. "Teoría e prática do obradoiro de escritura", por Nardo Carpente (Galicia)
C. "Dinámicas para Educar Emocionalmente», por Mª Xosé Acevedo e Mª José Gonçalves (Galicia e Portugal)
D. "A mediación como proceso de resolución de conflictos", por Xesús R. Jares (Galicia)
E. "O autocarro da paz", por Isabel Azinhais, Luisa Ferreira, Alice Silva e Paula Antunes (Portugal)
F. "O outro" por Manuel Joao (Portugal)
21 h — Cea/jantar
22 h — Festa pola Paz
Domingo – 18 de Novembro
09.00 h — Pequeno-almoço
10.00 h — Presentación de Experiencias e comunicacións
11.45 h — Pausa
12.00 h — Avaliación e conclusions do Encontro
13.15 h — "Fotografia da Paz"
14.00 h — Xantar/Almoço
EXPOSICION E VENDA DE MATERIAIS:
Durante o ENCONTRO haberá exposición e venda de materiais. As persoas/grupos que queiran desenvolver unha destas actividades deben comunicalo á organización para reservar o sitio.
PRESENTACION DE COMUNICACIÓNS E EXPERIENCIAS:
As persoas que queiran presentar experiencias ou comunicacións deben comunicarllelo á organización e adxuntar nun folio o resumo da mesma (Prégase acompañalo con soporte informático en Word 97).
PRECIOS:
1. Pensión completa a fin de semana máis matrícula en habitación dobre:
a) Socios de NEG e do MEP; estudantes e parados: 13.000 Pts. , até o 15 de outubro. Despois desa data: 15.000 Pts.
b) Resto: 14.000 Pts. até o 15 de outubro. Despois desa data o precio é 16.000 Pts.
As persoas que queiran habitación individual pagarán un suplemento de 1.000 pts.
2. Só matrícula:
a) Ata o 15 de outubro:
- Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes/as e parados/as,: 5.000 Pts.
- Resto: 6.000 Pts.
Despois do 15 de outubro:
- Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes/as e parados/as,: 6.000 Pts.
- Resto: 7.000 Pts.
CERTIFICACIÓN:
Actividade homologada pola Consellería de Educación por un total de 20 horas. Entregase certificado oficial aos asistentes asi como aos que presenten experiencias/comunicacións.
Para as/os estudantes das universidades solicitarase a concesión de 1,5 créditos de libre configuración.
INSCRIPCIONS:
Enviar os datos persoais da ficha de inscripción xunto coa fotocopia do xustificante da transferencia bancaria a:Educadores/as pola Paz.
Apdo. 577.
36200 VIGO (Pontevedra).
Nº DE CONTA DE EDUCADORES POLA PAZ:
2080.0000.71.0040194535 de Caixanova (Oficina principal) en Vigo.
MAIS INFORMACIÓN:
Nova Escola Galega (NEG): Tfno/Fax: 981.56 25 77 (17 a 20 horas, martes e xoves)
Educadores/as pola Paz. Apdo. 577. 36200 VIGO
Dto. de Pedagoxía e Didáctica: Tfno. 981 16 70 00. Ext. 1743 ou 1867
Fax: 981 16 71 53 (a atención de Xesús Jares)
Correo electrónico: jares@udc.es
FICHA DE INSCRIPCION:
XV ENCONTRO GALEGO-VIII GALEGO/PORTUGUES DE EDUCADORES/AS POLA PAZ
Nome e apelidos: ...................................................................................................................................................... |
Domicilio: .................................................................................................................................................................... |
Localidade: ............................................... C.P......................... Tfno: ........................... Correo-e: ......................... |
Centro de traballo: . .................................................................................................................................................. |
Area ou materia que imparte: ................................................................................................................................... |
Se vas presentar alguha experiencia/comunicación indícanos o título: ........................................................... |
...................................................................................................................................................................................... |
Obradoiro/atelier ao que te apuntas (As prazas cubriránse por orde de chegada): |
1ª Opción: Título do obradoiro/atelier: .................................................................................................................. |
2ª Opción: Título do obradoiro/atelier.................................................................................................................... |
Compartirei aloxamento con: ................................................................................................................................... |
¿Recibes o boletín NOVAPAZ?: .......... Socio/a de: ............................................................................................. |
OBSERVACIONS: ..................................................................................................................................................... ......................................................................................................................................... |