Novas tecnoloxías aplicadas á educación

Materia troncal de 4 créditos que imparto no 3º curso das diplomaturas de Mestre especialista en Educación Infantil e Mestre especialista en Educación Física. O principal fin de traballo nesta materia é a aproximación crítica e reflexiva ó papel das novas tecnoloxías na nosa sociedade e na educación aprendendo a analizar, seleccionar, avaliar, utilizar e investigar as posibilidades educativas de distintos recursos tecnolóxicos xa elaborados así como a crear recursos tanto encamiñados á mellora da calidade do ensino como a favorecer á investigación crítica da práctica docente.

URL: http://fv.udc.es

Principios de procedemento, contidos e bibliografía das materias:

Mestre especialista en Educación Infantil

Mestre especialista en Educación Física