Dona
Coma un vento, lixeira,
eu ben te vin chegar.
Traguías unha estrela
beillándoche na man.
¡Qué noite namorada
a brilar nos teus ollos!
¡Qué alamíos da iauga
arredor do teu corpo!
-¡Deus, si me deras dona
para un fondo querer,
para unha vida fonda!
¡Ai, si ma deras, Deus!
E foi coma un milagre
na noite o noso amor.
¡Ainda van polos ares
túa voz e a miña voz!
(De Canle segredo,
Edicións Castrelos, 1976) |