Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985) - Do campo e da cidade em 2002

 << ] ACIMA ] >> ]


PRINCIPAL
ACIMA
Da Galiza e da Gallaecia
Da poesia
Do campo e da cidade em 2002
Da sociedade em 2002
Do ensino em 2002

"Creo que nesta revalorización que pretendemos, do home e da terra, imponse a necesidade dun retorno á Natureza, mediante contactos coa súa realidade. É un feito evidente que unha grande parte dos galegos que hoxe viven nas cidades ignoran a vida do campo ou, o que é peor, están de costas a ela. Non por vontade propia, xeralmente, senón por imperativos do seu propio estilo de vida. É un fenómeno mundial, pro entre nós resulta máis dramático polo feito de ser Galicia unha terra, unha paisaxe, unha pura e apretada Natureza, e non unha simple xeografía; e tamén, naturalmente, pola entrañable ligazón telúrica que entre nós se dá. Non poder realizar esa comunicación home-terra é orixe de traumas. Eu véxoo nos meus fillos, que teñen pena de non coñecer os nomes das plantas e dos paxaros, de non saber distinguir unha arbre froiteira doutra, de non ter asistido ou colaborado nos labores agrícolas. É certo que os homes da cidade escapamos ao campo e á praia tan axiña como podemos, pro son contactos fugaces e superficiáis, que aínda fan máis dorido o desarraigo. Por iso creo que no ano 2002 todo galego que o desexe deberá dispor dun anaco de terra, senón de seu, formando parte dunha explotación colectiva, perto da cidade, onde lle sexa posíbel pasar os fins de semana e algunha temporada de vacacións ao ano, traballando a súa parcela. Poderá plantar legumes ou coidar roseiras, sementar patacas ou atender unha granxa; colaborar en traballos comúns ou realizalos ao seu gusto, illadamente; en todo caso vivirá en contacto coa terra, sentiráse revalorizado coo galego e contribuirá co seu esforzo á revalorización da propia terra, porque o que eu propoño non é un puro divertimento. Eu vexo esas explotacións colectivas como o nexo físico, espiritual e social entre a cidade e o campo, ou, se se prefire, da cidade-campo proposta por Cunqueiro. E tamén soño con que o campesiño pase as súas vacacións nas cidades marítimas ou nas praias, coa súa familia. O binomio home-terra hase cumplir no individuo mesmo, na súa mesmidade, e non como ser gregario".

 XMAB, 1977

De Galicia 2002 a través da imaxinación creadora. Seminario de Traballo coa participación de X. Alvarez Blázquez, T. Barros, C. Casares, A. Cunqueiro, M C. Díaz y Díaz, I. Díaz Pardo, F. Fernández Armesto, C. Fernández de la Vega, J. F. Filgueira, J. Franco Grande, D. García Sabell, C. González Suárez-Llanos, R. Piñeiro, L. Seoane. 1978.  Santiago: Universidade de Santiago de Compostela, pp. 74-75.
 

Página elaborada por Celso Alvarez Cáccamo. Última actualização: sábado, 12 de Abril de 2008.