Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985) - Unidade didáctica de Irene Pérez Pintos

 << ] ACIMA ] >> ]


PRINCIPAL
ACIMA
Canle segredo
O que ben che quer
Poesía galega completa
Edição facsimilar do caderno "Iris" 8, UDC
Roseira do teu mencer
A pega rabilonga
A pega rabilonga. Os ruíns
A cidade e os días
Caderno GRIAL Letras Galegas 2008
Berro en lembranza dos herois de Carral
Cantares e romances vellos prosificados
Crónica rimada de Baiona e o seu mar
Escolma de Poesía Galega
Escritos sobre arqueologia de XMAB
José-Martinho Montero Santalha em AGÁLIA
X. Mª Álvarez Blázquez e Tui
Antologia, por X. M. Álvarez Cáccamo
Fotobiografia, por Alfonso Álvarez Cáccamo
Tempo do pai, de Xosé Mª Álvarez Cáccamo
Biografia e antologia, por Carlos L. Bernárdez
Biografia e antologia, por Carlos L. Bernárdez
Biografia e antologia, por Carlos L. Bernárdez
Biografia, por Darío Xohán Cabana
Biografia, por Pilar Garcia Negro
Biografia, por Clodio González Pérez
Síntese biográfica e antologia, por M. C. Matalobos
Biografia e antologia, por Henrique Rabuñal
Unidade didáctica de Irene Pérez Pintos
Especial Letras Galegas 2008, revista Naz-on
Un heroe galego, por Carme Hermida
Estudos sobre XMAB, ed. por Anxo Tarrío
CD "Colorín", de Eloi Caldeiro
DVD "Entre o Miño e o mar de Vigo", de E. Caldeiro
Uma reedição facsimilar

Irene Pérez Pintos. 2008. Xosé María Álvarez Blázquez. Unidade didáctica. Vigo: Edicións Xerais.

Esta unidade didáctica de ESO-Bacharelado foi encarregada à autora pola Xunta da Galiza (ao parecer, por Política Linguística), após sugestão de Xosé María Álvarez Cáccamo, para a sua distribuição nos centros educativos, como em anos anteriores. Como guia, apenas se sugeriu à autora que incluísse a "questão linguística", como assim figura numa das secções do livro.

A versão inicialmente enviada por Irene Pérez Pintos, professora de Galego no Liceu do Castro, de Vigo, não resultou satisfatória para o governo galego, ao parecer por razões como que "não era muito didáctica", sobretudo as Actividades.

A autora, porém, satisfeita do resultado, decidiu não alterar nada da obra, nem aceitar o pagamento oferecido pola Xunta polo trabalho já feito.

A obra foi depois aceite para publicação por Edicións Xerais.

O livro começa:

 

"A HISTORIA DE XOSÉ Mª ÁLVAREZ BLÁZQUEZ E DE TODOS NÓS.

A historia de todos. O golpe de estado franquista

     Imaxinas que ante determinadas medidas políticas dun goberno de esquerdas --matrimonio entre persoas do mesmo sexo, negociación con ETA, reforma da lei do aborto, reforma do Estatuto de Autonomía...-- un sector ultraconservador do exército se levantase en armas e dese un golpe de estado? Imaxinas que para manterse sen problemas no poder decidisen estes militares acabar coa oposición mesmo eliminando físicamente aos adversarios?
     É posible que daquela, moita xente que ti coñeces fose asasinada, ou encarcerada e torturada para que delatase os seus correlixionarios. Se cadra, irían á túa casa á procura da túa nai, do teu pai, ou dalgún familiar de teu. Moitas pessoas significadas politicamente --sindicalistas, intelectuais, activistas políticos...-- terían que abandonar a súa patria para protexer a integridade propia e a da súa familia. Con seguridade, a maioría dos políticos defensores da democracia marcharía ao exilio e outros moitos serían executados.
     Unha vez o terror estivese instalado nas mentes de todos, a "paz social" estaría conseguida e habería que instaurar un novo modelo de sociedade, o dos vencedores, eliminando a lembranza do anterior.
     Aínda que tiveses a sorte de non perder os teus pais e permaneceses no seo da túa familia, ti tamén te verías fondamente afectada ou afectado. Acabarías por perder a túa liberdade: a liberdade de expresar as túas opinións, de escoller a túa opción sexual, de reunirte con quen quixeses. A moral católica rexería a túa vida. O autoritarismo substituiría a disciplina... Os detalles máis nimios serían dalgunha maneira controlados (adeus rastas, adeus pirsins).
     Terías que esquecer a túa identidade lingüística e cultural e serías asimilado á cultura do estado. Xa non poderías "vivir como galego". A túa lingua serviría para festexar os maios e o magosto e para falar da empanada de zamburiñas, pero nunca para desentrañar os segredos do xenoma nin para falar do produto interior bruto. Adeus clases en galego, adeus clases de galego, adeus tele galega, adeus selección galega de fútbol, e despois adeus galego. Ola clases de relixión obrigatoria, ola clases de formación do espírito nacional e ola única lingua.
     Este arrepiante panorama que, por sorte, nos debe resultar impensable nestes tempos, aconteceu mutatis mutandis (mutandis poucas cousas: rastas e pirsins) no ano 1936, cando Xosé María Álvarez Blázquez tiña tan só 21 anos" (pp. 5-6).

 

Página elaborada por Celso Alvarez Cáccamo. Última actualização: domingo, 08 de Junho de 2008.