Información provisional sobre o traballo

IDEA DO TRABALLO

A idea do traballo consiste en analizar unha variable, indicando se o seu comportamento presenta diferencias significativas en diferentes situacións, que poden ser unha ou máis das seguintes:

DATOS

Empregaranse datos do ficheiro de microdatos da Encuesta de Presupuestos Familiares, recollidos na web do INE. Dese conxunto extraeranse as variables de gasto por fogar escollidas polos diferentes grupos.

Cada grupo (de 2 persoas) deberá escoller o tipo de gasto a analizar, 2 autonomías e un dos atributos propostos, e comentalo no foro que se habilitará no Moodle.

DESENVOLVEMENTO

Preparacion dos datos: A hora de facer o traballo poderedes usar as variables en bruto ou realizar transformacións, que darán uns resultados máis razoables. Por exemplo, traballar con ratios (taxa de paro en lugar de nº de parados), taxas de variación (en lugar de valores absolutos), .... ou analizar varias destas posibilidades.
Tamén teredes que enlazar diferentes series da mesma variable.
Son diferentes operacións coas que construiredes as series de datos que ides manexar.
Neste curso a unica preparación que teredes que facer será deflactar as variables de gasto, para o cal debedes empregar os ficheiros do IPC, que se obteñen na web do INE. (e recordar o que e deflactar, e facer un cambio de base con índices)

Análise descritiva previa:

Contrastes:

AVALIACIÓN

Traballo nas titorias en grupo: para cada titoría indicarase o que hai que entregar, que poden ser datos elaborados, resultados, ou resumes de conclusións.

Exposición: Un membro do grupo seleccionado polo profesor contará na aula os principais resultados.

COMO REALIZAR OS CÁLCULOS?

Como queirades: podedes facelo con calculadora, usar unha folla de cálculo ou algún paquete estatístico.