AVALIACIÓN.(OFICIAL)  (hai unha avaliación alternativa que podedes escoller se queredes)

A Avaliación estará formada por dúas partes: actividades-traballos-participación e exame. Repartíndose as cualificacións do xeito seguinte:
     Actividades (20%);Proba oral (10%); Exame (70%)
ademais, para poder sumar a nota das actividades, traballos e participación será necesario obter unha cualificacion mínima do 40% no exame.

A maneira na que se organizan e reparten estas actividades de avaliación é parecida para os tres grupos, polo que se denomina "OFICIAL", e será descrita a continuación.

Con todo, de xeito voluntario, pódese optar por un reparto diferente, máis semellante ao método empregado en Estatística I, e que se denominará "ALTERNATIVA". A descripción desta avaliación alternativa podedes vela AQUÍ: avaliación alternativa

Exame

Consistirá nun único exame que se corresponde co exame final oficial (1ª e 2ª oportunidade) establecido para a materia.
Propoñerase unha data para quen queira realizalo durante o cuadrimestre, e a súa nota (se supera o minimo), sumada ao resto das cualificacións permitirán aprobar esta materia.

Neste exame (tanto se se fai no cuadrimestre coma no exame final) entrarán os seguintes temas:

Os temas 5 e 6 entrarán nunha proba que se realizará como parte das actividades.

A nota máxima que se pode sacar no exame é de 7.
Aquelas persoas que saquen un 40% desta nota poderán sumar as cualificacións de actividades e traballos, e aprobarán a materia cando esta suma supere ou iguale o 5.
AVISO: Nestes exames non se entregará formulario

Actividades

Teñen como obxectivo animarvos a que non estudedes só cando se achega o exame final. Consistirá en 3 tipos de actividades: Proba oral (5%), Obradoiro (25%), e Aprendizaxe colaborativa (5%).

Proba oral (1 puntos, máximo)

Esta pensada para valorar a participación do alumnado na aula.
Sen embargo, da experiencia doutros cursos, o profesor sabe que non é capaz de recordar quen participa na aula, nin sequera quen asiste. O que recorda perfectamente é quen molesta.

Por esa razón, se alguén pensa en asistir a clase para "subir nota" estaría perdendo o tempo. Á clase asístese cando o profesor explica ben e consegue que aprendades algo, ou consegue que se facilite o que ides estudar despois, se non é mellor non ir.

Toda esta parrafada é para que vos quede claro que a asistencia é voluntaria e que "valorar a participación" será algo puntual que non vos obrigará a quedar na aula cando rematedes.
En que vai consistir?
Consistirá na realización de exercicios no encerado, explicando ao profesor e ao resto da aula o que se fixo.
Cada exercicio que se faga e explique ben recibirá 0,2 pts. Para poder realizar estes exercicios será necesario avisar ao profesor cunha semana de anticipación.

Ao ser informado o profesor indicará a hora e o tipo de exercicios se debe preparar. O día que corresponda o profesor indicará un exercicios, que o/a estudante deben realizar par recibir a cualificación.

Obradoiro (proba escrita) (2 puntos, máximo)

Consistirá na realización duns exercicios (teoría e práctica) unha parte sobre os temas 1 a 4 e outra sobre os temas 5 e 6 (entre os dous valen 1 punto da actividade).
Os temas 5 e 6 non entrarán dentro do exame, polo que se realiza a súa avaliación por separado (1 puntos da actividade).

Realizarase na aula, en data indicada polo profesor.