AVALIACIÓN alternativa.

É voluntaria, e non afecta ao exame final, que sería o mesmo ca o da avaliación "OFICIAL".

A Avaliación estará formada por dúas partes: actividades-traballos-Proba oral e exame. Repartíndose as cualificacións do xeito seguinte:
     Actividades (20%);Traballo-Proba oral (10%); Exame (70%)
ademais, para poder sumar a nota das actividades e os traballos será necesario obter unha cualificacion mínima do 40% no exame..

Exame

Separarase en catro partes, que se iran realizando durante o periodo lectivo. Os temas que entrarán en cada unha das partes son:
 1º: Tema 1 :                  0,5 puntos
 2º: Temas 1, e 2:             2,25 puntos
 3º: Temas 2, 3 e 4:        3,25 puntos
 4º: Temas 3, 4, 5 e 6:            1 punto

Aquelas persoas que fagan estes exames e saquen un 40% da nota do exame poderán sumar as cualificacións de actividades e traballos.
Se non conseguides aprobar con esta avaliación alternativa podedes facer o exame final (1ª e 2ª oportunidade) nas mesmas condicións ca os demais (temas 1 a 4).

AVISO: Nestes exames SI se entregará formulario

Actividades

Teñen como obxectivo animarvos a que non estudedes só cando se achega o exame final. Consistirá en diferentes coleccións de exercicios e preguntas test que deberedes facer nunha aula. A súa realización será en torno á derradeira semana de clases, excepto para quen escolla a avaliación alternativa.
As cualificacións sepáranse entre diferentes grupos de temas, e aplícase en cada bloque de actividades unha regra 20%-80%, que se explica AQUÍ

Os bloques de actividades e a súa cualificación repártese como segue:
 1º: Repaso e Temas 1 e 2:                  1 punto
 2º: Temas 3, 4, 5 e 6:             1 punto

Traballos

Realizarase 1 traballo, en grupo, no que se aplicarán diferentes conceptos da materia, con datos proporcionados polo profesor. Valorarase a aplicación de coñecementos de Estatística I.
Podedes ver máis información AQUÍ

Para avalialo realizarase exposicións e poderán pedirse exercicios de comprobacion baseados no que se fixo no traballo.
Tamaño dos grupos: os grupos serán de 2 persoas.