Organización da docencia

Seguindo as directrices marcadas polo proceso de Boloña, nesta materia vaise plantexar o traballo do estudante como eixe fundamental da súa organización.
Estarán polo tanto tódalas actividades orientadas a apoialo, e en todo caso organizalo, de xeito que con ese traballo adquira as habilidades que lle permitan superar a Materia.

A primeira consecuencia é que as clases pasan a ser un elemento de apoio máis, entre outros varios, e polo tanto non se considerará obrigatoria a asistencia e NON SE PASARÁ LISTA.

A segunda consecuencia e que se considera que o alumno pode adicarlle á materia en torno ás 7 horas semanais. Estas horas repartiranse entre horas de traballo na aula, un máximo de 3, (se o alumno asiste a todas); e traballo fora da aula, un mínimo de catro (suponse que se o estudante non asiste á aula, terá que traballar máis fora dela).

Esta consideración das 7 horas está pensada para un estudante tipo desta titulación.   Por suposto, haberá quen necesite menos (ou máis), dependendo das diferentes capacidades e preparación básica coa que se accedeu á universidade.

Este enfoque de traballo semanal o alumno pode aceptalo ou non (obviamente) ,  pode adaptar a súa pauta de traballo ao que se lle ira marcando desde a aula ou organizarse a súa maneira. O profesor limitarase a correxir traballos, exercicios ou exames, e se alguén é capaz de facer todo e estudiar o suficiente para aprobar en 1 ou 2 días  o profesor non se vai enterar.
Tamén é certo que o profesor non cre en milagros, por iso recomenda non deixar todo para o final, e por se a recomendación non chega, a avaliación alternativa (é voluntaria, ollo!) estará organizada para que teñades un motivo para estudar practicamente unha vez cada semana.