Descrición dos materiais.

O material propio desta disciplina será o que aparece neste web, na sección de DOWNLOAD.

Teoría

Aquí descríbense os materiais que conteñen a teoría da materia e algúns exemplos. Aquí estará a materia que debedes entender e aprender.
Unha observación: Aprender non significa simplemente memorizar. Será fundamental entender, e saber como aplicar o que neles se estude. Pensade que os exercicios hai que interpretalos en función dos coñecementos de teoría.

Presentacións

As presentacións que o profesor empregará para dar as clases, en formato pdf e opendocument
Son presentacións comentadas, co cal serán útiles non só para seguir as clases se non para comezar a preparar a materia.

Apuntamentos

Conteñen a teoría e algúns exemplos.
Extenden os comentarios que aparecen nas presentacións. O seu obxectivo sería aclarar mellor os conceptos que se explican nas presentacións.

Exercicios

Exercicios resoltos

Son exercicios básicos resoltos. Similares aos exercicios básicos do material común pero resoltos.
O seu enfoque é explicar por escrito do mesmo xeito que o profesor explicaría nunha "clase práctica", ás que sustitúe.

Exercicios propostos

Son exercicios algo máis difíciles ca os que aparecen nos esquemas. Son exercicios máis 'tipo exame'. Inclúen unha recopilación de exercicios de exames de cursos pasados.

Exemplos de preguntas tipo test

Son unha recopilación de preguntas test realizadas en exames de cursos pasados

Formatos dos ficheiros

Os formatos nos que pode aparecer o material son os seguintes: