AVALIACIÓN.

Oficial

A Avaliación estará formada por dúas partes: actividades-traballos e exame. Repartíndose as cualificacións do xeito seguinte:
     Actividades (35%);Traballos (15%); Exame (50%)
ademais, para poder sumar a nota das actividades e os traballos será necesario obter unha cualificacion mínima do 40% no exame final.

Actividades (35%)

Teñen como obxectivo animarvos a que non estudedes só cando se achega o exame final. Consistirá en diferentes coleccións de exercicios e preguntas test que deberedes facer nunha aula. A súa realización será en torno á derradeira semana de clases, excepto para quen escolla a avaliación alternativa.
As cualificacións sepáranse entre diferentes grupos de temas, e aplícase en cada bloque de actividades unha regra 20%-80%, que se explica AQUÍ

Os bloques de actividades e a súa cualificación repártese como segue:
 1º: Temas 1,2 e 3:             1,75 puntos
 2º: Temas 4, 5, 6, 7 e 8:        1,75 puntos

Traballo (15%)

Realizarase 1 traballo, en grupo, sobre diferentes temas da materia, con datos proporcionados polo profesor:
 1º: Temas 2 e 4:               1,5 puntos

O traballo será de pequeno tamaño (apróx. 1000 palabras), indicándose o límite exacto no momento no que se propoña.

Para avalialos poderán realizarase exposicións e/ou preguntas ou exercicios de comprobacion baseados no que se fixo no traballo.
Estas comprobacións realizaranse na mesma semana cás actividades, excepto para quen escolla a avaliación alternativa.

Tamaño dos grupos: Os grupos poderán ser de 3 ou 4 persoas.

A avaliación do traballo poderán incluir unha exposición na aula, ou ou avaliación escrito.

Exame (50%)

Para quen non faga a avaliación alternativa o exame correspondese co exame final oficial (1ª e 2ª oportunidade) establecido para a materia, a nota máxima que se pode sacar nel é de 5.
Aquelas persoas que saquen un 40% desta nota poderán sumar as cualificacións de actividades e traballos.

AVISO: A nota máxima do exame é 5,
o que implica que quen non puntúe coa avaliación continua deberá ter o exame perfecto para aprobar.

Avaliación alternativa

Para incentivar que traballedes durante todo o periodo lectivo e non só ao chegar as datas pre-exames vaise propoñer repartir actividades, traballos e exame ao longo das diferentes semanas de clase. Nas seguintes condicións:
Actividades (35%): serán as mesmas e do mesmo tipo cás actividades da avaliación oficial. A diferencia será que se farán 1 ou 2 cada semana (ás veces ningunha, quizais), pero a valoración e o tipo de exercicios serán os mesmos que as da avaliación oficial. Ademais, se así o desexades, podedes escoller dúas calquera destas actividades e repescalas na semana final, para así mellorar a nota que obtivéchedes durante as semanas de clase.
Traballo (15%)Será o mesmo, coas mesmas condicións có da avaliación oficial, pero repartirase durante o periodo docente.
Para avalialos poderán realizarase exposicións e/ou preguntas ou exercicios de comprobacion baseados no que se fixo no traballo.
A elección dunha ou outra posibilidade dependerá das dispoñibilidades de tempo.

Exame (50%):Separarase en tres partes, que se iran realizando durante o periodo lectivo. Os temas que entrarán en cada unha das partes son:
 1º: Tema 1:             1 punto
 2º: Temas 1, 2, 3, 5 e 6 (sáltase o 4):             2 puntos
 3º: Temas 4, 5, 6, 7 e 8:        2 puntos

Aquelas persoas que fagan estes exames e saquen un mínimo do 50% da nota do exame poderán sumar as cualificacións de actividades e traballos.
Se non conseguides aprobar con esta avaliación alternativa podedes facer o exame final (1ª e 2ª oportunidade) coma os demais. Gardaráse a nota das actividades.

Actividades con ordenador

: Na avaliación alternativa realizaranse unhas probas con ordenador, na que se avaliará o manexo dos programas empregados na aula.