CLASES.

As clases nesta matería empregaranse principalmente para introducir a teoría de cada tema e aclarar dúbidas.
Non existiran "clases prácticas" no sentido clásico do término: o profesor fai exercicios no encerado e os alumnos copian e atenden (ou non), se non que se espera que o fagan os estudantes, coa axuda dun ordenador, xa sexa na aula, no tempo que deixe libre a explicación dos conceptos teóricos, ou na casa empregando os esquemas que aparecen dentro dos exercicios resoltos. Tamén está a disposición do alumnado material con exercicios propostos (coas respostas), no que se inclúen antigas preguntas de exame

Dentro do material inclúese as presentacións que se empregarán na aula, con comentarios, dese xeito será máis fácil seguir a explicación do profesor, sen ter que copiar todo o que diga.