Actividades (oficial)

Representan o 35% da cualificación.

Realizaranse na derradeira semana de clases

Teñen como obxectivo animarvos a que non estudedes só cando se achega o exame final. Consistirá en diferentes coleccións de exercicios e preguntas test que deberedes facer nunha aula. A súa realización será en torno á derradeira semana de clases, excepto para quen escolla a avaliación alternativa.
As cualificacións sepáranse entre diferentes grupos de temas, e aplícase en cada bloque de actividades unha regra 20%-80%, que se explica AQUÍ

Os bloques de actividades e a súa cualificación repártese como segue:
 1º: Temas 1, 2 e 3:             1,75 puntos
 2º: Temas 4, 5, 6, 7 e 8:        1,75 puntos

Avaliación alternativa (voluntaria)

Para incentivar que traballedes durante todo o periodo lectivo e non só ao chegar as datas pre-exames proponse repartir as actividades ao longo das diferentes semanas de clase. Nas seguintes condicións:
Actividades: serán as mesmas e do mesmo tipo cás actividades da avaliación 'non alternativa'. A diferencia será que se farán cada semana ou cada 2 semanas (están previstas 7), pero a valoración e o tipo de exercicios serán os mesmos que as que se realizaran arredor da derradeira semana de clases. Ademais, se así o desexades, podedes escoller dúas calquera destas actividades e repescalas na semana final, para así mellorar a nota que obtivéchedes durante as semanas de clase.