As obras de construcción do castelo de San Antón comenzaron en 1587, como indica unha inscripción situada xunto ó escudo do marqués de Cerralbo na portada da fortaleza. Durante o ataque inglés de Francis Drake en 1589, o castelo que estaba en fase de construcción defendeu eficazmente coa súa artillería a muralla da cidade. O rei Felipe II ordeou que se acabara o forte, baixo a dirección do enxeñeiro Rodríguez Muñiz.
Tra-lo ataque de 1639, no que a escadra francesa asediou a cidade, a bahía coruñesa quedou protexida polos fogos cruzados dos castelos de San Antón e San Diego (hoxe desaparecido). Tras este ataque o marqués de Valparaíso propuxo a Felipe IV a reforma da fortificación, que concluiría no século XVIII, cando o enxeñeiro Antonio López Sopeña construiu a Casa do Gobernador coa súa pequena capela neoclásica no exe da composición do edificio.
No século XX uniuse
a terra, deixando de ser unha isla. En 1960 o ministerio do Exército
o cedeu á Casa do Concello, tras unha longa etapa como prisión
militar. En 1964 convertiuse en Museo Arqueolóxico e Histórico
de A Coruña.
![]() ![]() |
Dpto.
de Composición.
Universidade da Coruña. |