Día de Portas Abertas

Danza Ferrol pechou o curso cunha clase aberta ao público

danza

 

O xoves 31 de maio, coincidindo co último ensaio dos participantes Danza Ferrol, a mestra Cristina Montero impartiu unha clase aberta ao público e ao aire libre diante do Centro Cultural Universitario (campus de Esteiro), co fin de achegar os obradoiros da Área de Cultura á toda a comunidade universitaria.

Foi a celebración do peche de curso dun dos obradoiros máis actuais e vangardistas da UDC, e que cada ano consegue reunir un amplo grupo de alumnos e alumnas.