Cursos da Área de Cultura de Ferrol

Prazo para os cursos da Área de Cultura de Ferrol do segundo cuadrimestre do curso 2016/1017

A continuacion tedes a programación de obradoiros e cursos para o segundo cuadrimestre do curso 2016-17. Todos os obradoiros posúen créditos de recoñecemento académico (alumnos/as de Grao) superando o 85 % da asistencia.

A Área de Cultura resérvase o dereito de suspender algún curso se a ocupación mínima non chega a cinco persoas.

 

Información sobre a matrícula:

O prazo de matrícula amplíase e rematará o dia 19 de marzo de 2017. A matrícula farase en liña.

As persoas que sexan novos usuarios terán que facer o proceso de rexistro, para o que terán que premer en "autenticacion NON universitarios e familiares" e escoller a opción "rexistro". Logo de completar o formulario, recibirán no seu enderezo electrónico os datos necesarios para matriculárense.

Os prezos dos obradoiros serán os seguintes:

Cursos cuadrimestrais (30 horas de duración cada obradoiro)

40 € para alumnos da UDC (30 € en segunda matrícula)
60 € para membros da comunidade universitaria da UDC (50 € en segunda matrícula)
45 € para persoas desempregadas ou cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. (35 € en segunda matrícula)
80 € para o público xeral (70 € en segunda matrícula)
 

 Importante:

Os prezos nos colectivos de persoas desempregadas ou con discapacidade, así como para o público xeral, inclúen seguro de accidentes.

As persoas desempregadas ou que teñan acreditada discapacidade igual ou superior ao 33%, así como os socios da Sociedade Filarmónica Ferrolana, deberán facer a matrícula presencialmente na Oficina de Cultura do Campus de Esteiro (Centro Cultural Universitario, 1º andar), achegando a documentación que acredite a súa situación.

As incidencias da matrícula en liña nos obradoiros, serán atendidas no correo cultura.ferrol@udc.es ou nos teléfonos 881013697 ou 881013795.

 

Cursos e obradoiros:

Procedemento de matrícula:

O pagamento farase en liña, seguindo estas instrucións:

  • autentique a súa identidade
  • prema na lapela de “actividades”
  • elixa o obradoiro no que quere inscribirse
  • prema en “ver máis”
  • siga a ligazón “inscrición”
  • seleccione o xeito de pagamento e confirme