Conversas coa dirección: Esquece Monelos

Martes 20 de novembro ás 19:00 h. Centro Cultural Universitario, Ferrol

A Área de Cultura da Universidade da Coruña continúa en novembro co ciclo de cine Conversas coa Dirección, un proxecto que achega o público á obra fílmica dos/as distintos/as realizadores/as de cine e documentais convidados/as e ofrece a oportunidade de conversar con eles/as no coloquio posterior á proxección dos seus traballos.

Nesta sesión visitaranos a produtora Marta Eiriz, que fundou Danga Danga Audiovisuais no ano 2009, para presentarnos Esquece Monelos, da directora Ángeles Huerta, a primeira longametraxe cinematográfica producida por Danga Danga.

 

Esquece Monelos

Lavandeiras

 

Sinopse:

Hai máis neuronas nun cerebro humano que partículas no universo. No entanto, se as puxésemos unha tras a outra, se intentásemos ordenalas desde o noso nacemento até hoxe, o único que veriamos sería un pequeno río. Un río insignificante e ao mesmo tempo infinito.

Baixo as rúas da Coruña hai un río que moitos non recordan, pero que de cando en vez se desborda e reclama o que unha vez foi a súa cunca. Esquece Monelos é máis que unha película sobre ese río, hoxe convertido en cloaca. É unha película sobre as nosas propias correntes subterráneas

O documental válese da desaparición do río Monelos baixo a cidade da Coruña para reflexionar sobre como se perde a memoria dos lugares e das súas xentes. Faise un percorrido polo río que propicia unha viaxe pola vida mesma de quen conta a historia. É un retrato colectivo que fala dos medos e das inquedanzas que acompañan o avance inexorable do tempo.

 
Se desexas máis información, ponte en contacto con nós por medio dos enderezos de correo cultura.ferrol@udc.gal ou normal@udc.gal; ou ben a través dos teléfonos 881 013 697 (Ferrol), 881 014 502 e 881 014 514 (Normal) en quenda de mañá.
 

Ferrol

Data: martes 20 de novembro
Horario: 19.00 h.
Lugar: Centro Cultural Universitario

 

Podes consultar as proxeccións de Conversas coa dirección aquí.

 

Logo Deputación