Campamentos de verán 2018

camp

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Campamento en xullo para nenos e nenas

Convocatoria, prezos e máis información

En inglés

De 4 a 12 anos.

En inglés a través de contacontos, a música, as manualidades, as ciencias e novas tecnoloxías, a danza, deportes e os xogos tradicionais...

Ferrol, campus de Esteiro.

1ª quenda: do 2 ao 13 de xullo
2º quenda: do 16 ao 31 de xullo

Prezos:

comunidade universitaria: 135 €
persoas alleas á UDC: 155 €

Prazo de inscrición: comunidade universitaria do 28 de maio ao 15 de xuño, persoas alleas á UDC do 16 ao 26 de xuño.

Horario:
8:30 - 15:00 h.

O campamento non inclúe transporte.

Resumo das actividades

Matrícula en liña

Documentación necesaria:

No momento da inscrición deberá encher un cuestionario no que terá que subir catro arquivos: autorización fotográfica e saídas (deberá envialo asinado), foto carné, copia da tarxeta sanitaria do neno/a e copia do libro de familia.

Inscrición:

  • autenticación (se é persoal alleo á UDC e é a primeira vez que entra, deberá rexistrarse previamente)
  • rexistro do fillo/a. Prema “novo membro da familia” para dar de alta a cada fillo ou filla (no caso de non telos previamente rexistrados).
  • unha vez creados “entre na sesión do fillo/a” que desexe inscribir.
  • prema na pestana Campamentos - Ferrol.
  • elixa a quenda do campamento no que quere inscribirse.
  • seleccione o xeito de pagamento (tarxeta de crédito ou débito) e confirme.
     

As prazas son limitadas.

Poderase cancelar a quenda de non acadar o número mínimo de matrículas.

Todas as inscricións se farán por orde de entrada da matriculación xunto co seu pagamento.