Obradoiros de Creación

Matrícula dos obradoiros de Normal do primeiro cuadrimestre do curso 2018-19

Información sobre a matrícula:

O prazo de matrícula comezará o día 10 de setembro de 2018 e rematará o 28 de setembro de 2018, ambos inclusive. A matrícula farase en liña.
As persoas que sexan novas usuarias terán que facer o proceso de rexistro, para o que terán que premer en “autenticacion NON universitarios e familiares” e escoller a opción “rexistro”. Logo de completaren o formulario, recibirán no seu enderezo electrónico os datos necesarios para se matricularen.
A Área de Cultura resérvase o dereito de suspender algún curso se a ocupación mínima non chegar a cinco persoas.

Os prezos dos obradoiros serán os seguintes:

 

Cursos cuadrimestrais

    • 35 € para estudantes da UDC (30 € en segunda matrícula)
    • 55 € para membros da comunidade universitaria da UDC (50 € coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre
    • 40 €  para persoas desempregadas ou cunha discapacidade igual ou superior ao 33 %. (35 € coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre)
    • 65 € para o público xeral (60 € coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre)

 

 

Restauración de mobles:

    • 70 € para estudantes da UDC (60 € coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre)
    • 90 € para membros do resto da comunidade universitaria da UDC (80 € coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre)
    • 75 €  para persoas desempregadas ou cunha discapacidade igual ou superior ao 33 %. (55 € coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre)
    • 150 € para o público xeral (140 € coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre)

 

 

Creación de marca:

    • 18 € para estudantes da UDC (13 € coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre)
    • 28 € para membros do resto da comunidade universitaria da UDC (23 € coa segunda matrícula no mismo cuatrimestre)
    • 20 €  para persoas desempregadas ou cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. (15 € coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre)
    • 33 € para o público xeral (28 € coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre)

 

Importante:

Os prezos nos colectivos de persoas desempregadas ou con discapacidade, así como para o público xeral, inclúen seguro de accidentes

As persoas desempregadas ou que tiveren acreditada discapacidade igual ou superior ao 33% deberán facer a matrícula presencialmente na oficina de cultura de Normal, para o que terán de achegar a documentación que acredite a súa situación.

As incidencias da matrícula en liña nos obradoiros serán atendidas no correo normal@udc.gal ou nos teléfonos 881 014 502 en quenda de mañá e no 881 014 514 en quenda de tarde.

 

Listaxe de obradoiros ofertados:

 

 

Procedemento de matrícula:

O pagamento farase en liña, seguindo estas instrucións:

    •  autentique a súa identidade
    •  prema na lapela de “actividades”
    •  escolla o obradoiro no que quere inscribirse
    •  prema en “ver máis”
    •  siga a ligazón “inscrición”
    •  seleccione o xeito de pagamento e confirme

 DepCor_bn_vert.png_659878398