Campamentos de verán 2018

Campamentos en xullo para nenos e nenas

Cartel campamentos (c) Cartel campamentos

 Convocatoria, prezos e máis información

En inglés

 
De 4 a 12 anos:
En inglés experimentos, foguetes, murais, actuacións, cancións, ioga, baile, movemento, música, comics, contacontos, manualidades, actividades e deporte ao aire libre…

 A Coruña, campus de Elviña

  • 1ª quenda: do 2 ao 13 de xullo
  • 2º quenda: do 16 ao 31 de xullo

Prezos:

  • comunidade universitaria: 135 €
  • persoas alleas á UDC: 155 €

Prazo de inscrición: comunidade universitaria do 28 de maio ao 15 de xuño, persoas alleas á UDC do 16 ao 26 de xuño

Horario:

  • 8:30 - 15:00 h (sen comedor)
  • 8:30 - 16:00 h (con comedor)

O xantar é opcional: 6,00 € diarios (pagando directamente na cafetaría da Facultade de Ciencias da Educación)
O campamento non inclúe transporte.

 Resumo das actividades

 Matrícula en liña

Documentación necesaria:
No momento da inscrición deberá encher un cuestionario no que terá que subir catro arquivos: Autorización fotográfica e saídas (deberá envialo asinado), foto carné, copia da tarxeta sanitaria do neno/a e copia do libro de familia.

 Inscrición:

  • autenticación (se é persoal alleo á UDC e é a primeira vez que entra, deberá rexistrarse previamente)
  •  rexistro do fillo/a. Prema "novo membro da familia" para dar de alta a cada fillo ou filla (no caso de non telos previamente rexistrados)
  •  unha vez creados "entre na sesión do fillo/a" que desexe inscribir
  •  prema na pestana Campamentos - A Coruña
  •  elixa a quenda do campamento no que quere inscribirse
  •  seleccione o xeito de pagamento (tarxeta de crédito ou débito) e confirme


As prazas son limitadas.

Poderase cancelar a quenda de non acadar o número mínimo de matrículas.

Todas as inscricións serán por orde de entrada xunto co seu pagamento.