Cultura

Dámosvos a benvida á páxina da Área de Cultura de A Coruña e Ferrol, dependente da Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria. Aquí poderedes atopar información de interese sobre a nosa oferta cultural, que comprende exposicións, diferentes talleres, ciclos, teatro, danza e actividades de extensión universitaria que queren dar resposta ás demandas culturais tanto das persoas que pertencen á comunidade universitaria como das que non son parte dela. 

Instalacións culturais da Universidade da Coruña:

Campus da Coruña

Normal. Espazo de Intervención Cultural

Paseo de Ronda 47

15011 A Coruña

 Normal

 

 

 

 

 

 

 NORMAL é un espazo cultural activo, un espazo de intervención. É un contedor para a produción/coprodución de iniciativas e de proxectos propios: nova escena contemporánea, cinema, artes visuais, multimedia, música avanzada, voluntariado e cooperación…

Unha programación diferente, interdisciplinaria, vinculada á experimentación, ás novas linguaxes contemporáneas, preferentemente urbanas e aquelas ligadas ás Media-Arts. Espazos abertos á sociedade e aos artistas, ás asociacións, á colaboración institucional, dentro de criterios de calidade. Talleres onde creadores da Universidade e de fóra dela poidan producir e despois expor o seu traballo. Ligar a cultura á vida pública no sentido máis amplo, con atención á reflexión sobre políticas de xénero e a cooperación. Oferta de cursos e master class sobre arte, cinema, literatura, músicas, pensamento e todas aquelas actividades que antes estaban dispersas na Universidade.

Campus de Ferrol

Centro Cultural 1

O Centro Cultural Universitario de Esteiro acolle a oferta cultural do campus, tanto os cursos e obradoiros (arte, cinema, teatro, música, fotografía...), como os ciclos de cinema ou exposicións. Nel atópase a propia Oficina da Área de Cultura de Ferrol, e dispón de dúas aulas multiusos, unha ampla sala de exposicións e dunha sala de proxección dotada cos máis modernos equipos de imaxe e son.

Ás instalacións referidas, hai que engadir o uso complementario do Edificio de Apoio ao Estudo ou do Salón de Actos do campus de Esteiro, espazos cedidos xenerosamente pola Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Reponsabilidade Social.

Actualidade

18 Apr
Mércores, 19 de abril, a partir das 20.15 horas na Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días
03 Feb
Xa podes solicitar entradas de balde para o concerto
13 Jan
Xa podes solicitar a túa entrada de balde para o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia
01 Dec
Podes presentarte até o día 30 de abril de 2017
22 Nov
Aberto o prazo de matrícula para o curso: "Editar de cero a cen". O curso terá lugar os días 28 de novembro e 1 de decembro
15 Nov
17 de novembro ás 19.30 horas no Salón de Actos
10 Nov
Se es alumno, xa podes solicitar as entradas para o seguinte concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal