V Xornada de benvida a estudantes de doutoramento

A Escola Internacional de Doutoramento en colaboración co CUFIE organiza a V Xornada de Benvida a Estudantes de Doutoramento, dirixida ao alumnado matriculado nun programa de doutoramento por vez primeira ou en anos anteriores.

O obxectivo desta xornada que se celebrará o xoves 26 de outubro de 2017 ás 10:00 horas no paraninfo da Reitoría da UDC é informar e resolver dúbidas sobre os principais aspectos de organización, nomativa e estrutura dos estudos de doutoramento, indicar as principais axudas para a formacion predoutoral e postdoutoral e orientar sobre a carreira académica do/a investigador/a.

Esta xornada ten o recoñecemento de actividade formativa de 4 horas de duración, de modo que o alumnado poderá incluíla no seu Documento de Actividades.

Para obter o certificado de asistencia, é preciso inscribirse previamente a través do seguinte formulario de preinscrición (prazo de preinscrición ata o 25 de outubro de 2017 ás 14:00 horas).

 

Máis información: Programa da xornada