Cronograma

 A preinscrición para cada módulo realizarase segundo os prazos que se indican.

Os horarios dos prazos de preinscrición que se establecen serán dende as 10:00 horas da primeira xornada ate as 14:00 horas da última. 

Cando se abran os prazos de preinscrición aparecerá un enlace en cada módulo para poder ter acceso ao formulario de preinscrición e, cando remate o prazo, publicaránse tanto as listaxes de preinscrición como as de admisión en cada un dos módulos. 

Curso 2017/2018

MÓDULO 1: (Do 1 de novembro de 2017 ao 28 de febreiro de 2018) (48 horas)
(Preinscrición: 16 ao 22 de outubro de 2017)
  • PFI1718-01: Introdución ao uso de moodle para a docencia (12 horas) (1 ao 30 de novembro de 2017)  ver ficha do curso
  • PFI1718-02: Identidade dixital e entornos persoais de aprendizaxe (12 horas) (1 ao 31 de decembro de 2017) ver ficha do curso
  • PFI1718-03: Deseño e implementación de materiais didácticos multimedia para a docencia (12 horas) (1 ao 31 de xaneiro de 2018) ver ficha do curso
  • PFI1718-04: Diversidade e ensino superior (12 horas) (1 ao 28 de febreiro de 2018) ver ficha do curso
MÓDULO 2: (Do 1 de marzo ao 30 de xuño de 2018) (48 horas)
(Preinscrición: 12 ao 18 de febreiro de 2018)
  • PFI1718-05: Planificación da docencia no ensino superior (12 horas) (1 ao 31 de marzo de 2018)  ver ficha do curso
  • PFI1718-06: Metodoloxías activas para o ensino universitario (12 horas) (1 ao 30 de abril de 2018) ver ficha do curso
  • PFI1718-07: Orientación e titorización no ensino superior (12 horas) (1 ao 30 de maio de 2018) ver ficha do curso
  • PFI1718-08: Calidade nas titulacións e avaliación interna do profesorado (12 horas) (1 ao 30 de xuño de 2018) ver ficha do curso
MÓDULO 3: (Do 1 de novembro de 2017 ao 28 de febreiro de 2018) (48 horas)
(Preinscrición: 16 ao 22 de outubro de 2017)
  • PFI1718-09: Avaliación de aprendizaxes nun enfoque por competencias (12 horas) (1 ao 30 de novembro de 2017) ver ficha do curso
  • PFI1718-10: Metodoloxías activas: aprendizaxe cooperativa e ABP (12 horas) (1 ao 31 de decembro de 2017) ver ficha do curso
  • PFI1718-11: Cuestións xurídico-administrativas da docencia universitaria (12 horas) (1 ao 31 de xaneiro de 2018) ver ficha do curso
  • PFI1718-12: Responsabilidade Social e Ambiental Universitaria (12 horas) (1 ao 28 de febreiro de 2018) ver ficha do curso
MÓDULO 4: (Do 1 de marzo ao 30 de xuño de 2018) (56 horas)
(Preinscrición: 12 ao 18 de febreiro de 2018)
Presentación dun proxecto de innovación docente para unha materia dentro do campo de estudo do/a docente.