Recoñecemento académico

Para o profesorado:

  • Certificación equivalente a 15 horas de formación.
  • Solicitado o recoñecemento para profesorado de Secundaria, Bacharelato e FP á Consellería de Educación. Dito recoñecemento estará suxeito ao cumprimento dos requisitos establecidos na Orde do 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado de Galicia.


Para o alumnado:

  • Número de créditos de libre elección para alumnos da UDC de Titulacións a extinguir: 1 crédito
  • Titulacións de grao:

De acordo co disposto na normativa mediante a que se establece o procedemento para o recoñecemento académico de créditos por participación en actividades universitarias nos Graos da UDC, aprobada por acordo do Consello de Goberno do 17 de xullo de 2012, modificada por acordo do mesmo órgano de data 21 de xullo de 2016, aos estudantes da UDC poderánselle recoñecer créditos pola participación en cursos de verán oficiais da UDC: 1,5 créditos por cada 15 h., máximo 3 créditos por curso