Obxectivos

  • Facilitar un espazo rico de debate e intercambio científico arredor dos novos paradigmas educativos no contexto da era dixital.
  • Promover a difusión e a implantación de metodoloxías xeneradoras de cambio e mellora contínua nos procesos de ensino-aprendizaxe en educación secundaria, bacharelato, formación profesional e educación superior.
  • Reflexionar e debater sobre o papel das TIC nos procesos educativos e na innovación docente para conectar as aulas coa comunidade e cunha sociedade cada vez máis dixitalizada.
  • Aplicar mediante obradoiros prácticos distintas ferramentas e estratexias didácticas facilitadoras de cambio e de conexión coa contorna dirixidos aos ámbitos de secundaria, bacharelato, fp e ensino superior.