Destinatarios

O curso está aberto a profesionais e estudantes do ámbito educativo en xeral, aínda que se orientará especialmente aos niveis de secundaria, bacharelato, FP e Educación Superior.
A finalidade principal é proporcionarlles aos profesionais destes ámbitos ocasións para o debate e o intercambio de ideas sobre a mellora da súa práctica docente, así como para a aplicación e experimentación práctica de técnicas, metodoloxías e recursos que deriven nun incremento da calidade dos procesos de ensino-aprendizaxe.