Rede de servizos de atención a persoas con discapacidade nas universidades

Logo que indica las siglas SAPDUSAPDU (Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade nas Universidades) é un grupo de traballo que reune a técnicos dos servizos de atención a persoas con discapacidade de 57 Universidades Españolas e que traballa coa intención de desenvolver os seguintes obxectivos:

 

  • Fomentar a colaboración dos diferentes servizos universitarios de atención aos estudantes con discapacidade.
  • Propoñer actuacións de carácter transversal en materia de discapacidade que poidan ser asumidas polas distintas universidades.
  • Propoñer, ás Administracións Educativas, a adopción de medidas para o cumprimento efectivo do regulado en materia de discapacidade.
  • Propoñer pautas que orienten a incorporación efectiva e activa das persoas con discapacidade no conxunto da vida universitaria. Isto debe engadir as actividades docentes, investigadoras e de xestión, así como das extra-académicas, perseguindo a normalización da súa integración nas universidades, baixo os principios da igualdade de oportunidades, a accesibilidade universal e o deseño para todos.
  • Promover, difundir e intercambiar boas prácticas.
  • Impulsar o recoñecemento da atención á discapacidade nos distintos sistemas de avaliación das universidades e as súas diferentes actividades.
  • Fomentar a colaboración do tecido social do ámbito da discapacidade na Rede de Servizos de Apoio a Persoas con Discapacidade na Universidade.

Para máis información, premer na seguinte ligazón: http://sapdu.unizar.es/ 

 

 

 

 

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal