Normativa de uso dos servizos

  • O alumnado da UDC que dexese solicitar algún servizo ou adaptación debe facelo en prazo e forma correctos, dentro das datas establecidas e no horario indicado.
  • A solicitude de adaptacións e servizos da ADI, implica o consentimento para facer os trámites necesarios para garantir que estas adaptacións se cumplan do mellor xeito posible, insto inclúe transmitir a información precisa dos casos aos docentes que precisan aplicar as adaptacións.
  • Para ser beneficiario do servizo de transporte e asistencia será preciso non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para a obtención dun título do mesmo ou superior nivel ao correspondente ao dos estudos para os que se solicita o servizo.
  • Os criterios de concesión dos servizos de transporte e asistencia serán os resultantes de avaliar o tipo e alcance da discapacidade acreditada, o grao de interferencia desta no axeitado desempeño das actividades académicas, a situación económica do estudante e o seu expediente académico.
  • Os/as usuarios/as dos servizos deben facer un uso responsable dos recursos que se poñen á súa disposición, compromenténdose a avisar nos casos nos que non se vaian a empregar (transporte, asistencia e intérprete de lingua de signos)  e a devolver os aparellos en empréstito ao final do curso académico nas mesmas condicións que foi recollido ao inicio.
  • Os/as usuarios/as dos servizos deben informar de calquer contratempo ou dificultade que teñan no uso dos servizos de transporte, asistencia e intérprete de lingua de signos, de xeito que a unidade poida garantir que se manteña a calidade dos servizos na medida do posible.
  • Os servizos de transporte, asistencia e lingua de signos prestaránse de xeito regular entre setembro e maio e, de xeito excepcional, nos meses de xaneiro, xuño e xullo para a realización de exames. Estes servizos están só recollidos para a asistencia ás clases presenciais daquelas asignaturas nas que o alumno/a esté matriculado.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal