Presentación

A Aula de Formación en Diversidade nace co firme obxectivo de dar cabida a aquelas actividades formativas relacionadas co mundo da diversidade e da discapacidade e que sirvan para garantir que na Universidade da Coruña se seguen os principios de igualdade de oportunidades e deseño para todos, además de realizar unha tarefa de sensibilización e achegamento da comunidade universitaria a estes temas.

Neste sentido, este aula enmárcase na liña do Plano Estratéxico UDC2020 no que se recolle expresamente un obxectivo extratéxico centrado na igualdade de oportunidades e o fomento dunha cultura de non discriminación. Así, o obxectivo principal deste aula será facilitar o desenvolvemento de competencias e o uso de recursos que fagan da UDC unha universidade de referencia no que se refire á normalización da diversidade como unha parte máis do entorno universitario.

As actividades formativas propostas irán destinadas a diferentes colectivos, tanto dentro como fóra da universidade e terán forma de conferencias, seminarios, xornadas ou cursos de formación, dependendo das necesidades e das caracterísiticas das propias actividades formativas. Os criterios de admisión, así como a información xeral sobre datas, horarios e contidos, será facilitada en cada actividade formativa e, aquelas persoas que as realicen satisfactoriamente recibirán unha acreditación polas mesmas.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal