A ADI colabora na difusión de información acerca deste tipo de axudas, e fai chegar este tipo de información a través do correo electrónico ou por outras vías ao estudantado que forma parte das nosas bases de datos e que pode acceder a este tipo de axudas.
Cada centro dispón dentro do Plano de Acción Titorial dun titor/a de Atención á Diversidade. Pódese consultar nas listaxes de coordinadores/as e titores/as de PAT o/a titor/a de ADI de cada un dos centros.
O alumnado que desexe solicitar algún tipo de adaptación debe achegar unha solicitude á Unidade de Atención á Diversidade do 3 de xullo ao 31 de agosto de 2017. Nesa solicitude deberá presentar os seguintes documentos:
O alumnado poderá solicitar dispositivos adaptados (ratos, netbook, gravadoras,...) e software accesible, segundo a dispoñibilidade no servizo nese momento.
ClaroRead é un lector de textos que reproduce calquera documento que teñamos no PC. Trátase dun software que está destinado a axudar ás persoas que teñen algunha dificultade na lectura ou na escritura e permite acceder á información de forma multisensorial (a través do canal visual e auditivo). Para solicitar a licencia e o documento de instalación, é preciso enviar un correo electrónico a adi@udc.es.
Un servizo ofertado ao alumnado con dificultades para desprazarse, subvencionado exclusivamente pola Universidade da Coruña. Para solicitar este servizo, é preciso encher un formulario e achegar a documentación que se solicita no prazo que se indica máis arriba.
Ao alumnado con diversidade funcional ou con necesidades educativas especiais/específicas, ofértase un servizo asistencial persoal durante o curso universitario nos períodos de asistencia a clase. Para solicitar este servizo, é preciso encher un formulario e achegar a documentación que se solicita no prazo que se indica máis arriba.
Ao alumnado que precise de intérprete de lingua de signos, ofértase a posibilidade de ter unha persoa que interpréte en lingua de signos as clases presenciais. Para solicitar este servizo, é preciso encher un formulario e achegar a documentación que se solicita no prazo que se indica máis arriba.
Coas solicitude de adaptacións presentadas polo alumnado nos prazos arriba indicados, crearáse un informe de adaptacións que ser fará chegar ao titor/a de diversidade do alumno/a no seu centro, que á súa vez derivará a información das adaptacións aos docentes implicados.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000