Espazo-compartido

O proxecto

Espazo Compartido é un programa promovido pola Universidade da Coruña de formación en habilidades persoais, sociais e competencias básicas, para a empregabilidade e a inclusión laboral de mocidade con discapacidade cognitiva.

Trátase dun proxecto que nace coa pretensión de abrirlles o espazo universitario a colectivos que non poden acceder ás canles de formación ordinarias debido ás importantes barreiras de acceso do noso sistema educativo.

Espazo Compartido é unha aposta decidida pola responsabilidade social universitaria, unha mostra do compromiso da Universidade da Coruña coa sociedade e co dereito a unha formación digna e en igualdade de condicións.

Obxectivos

Espazo Compartido é un proxecto pioneiro no sistema universitario autonómico e un dos primeiros no ámbito nacional. O seu obxectivo principal é incluír persoas con discapacidade cognitiva no espazo formativo universitario. O programa pretende, en última instancia, que os estudantes avancen na construción dunha autoimaxe positiva e dun proxecto de vida que lles permita desenvolverse de maneira autónoma.

 

Máis información: Programa Espazo Compartido

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar