Presentación

 Logo ADI

A Unidade Universitaria de Atención á Diversidade (ADI) creouse en febreiro de 2004 para atender os membros da comunidade universitaria con discapacidade ou outras necesidades específicas. A Unidade ADI diríxese, por tanto, ao conxunto de participantes nos estudos superiores: alumnado, profesorado e persoal de administración e servizo. Sendo o seu cometido principal o de facilitar a plena integración do alumnado, profesorado e PAS que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimentan dificultades ou barreiras externas a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

 

As liñas xerais de intervención da ADI son:

  • Asesoramento e sensibilización de toda a comunidade universitaria acerca dos dereitos, as vivencias e as necesidades das persoas minorizadas por discapacidade ou por outras características.
  • Atención individualizada, prestación de axudas técnicas, e establecemento de redes de intercambio de información e apoio mutuo.
  • Eliminación progresiva das barreiras arquitectónicas e de comunicación en todos os campus da Universidade da Coruña.
  • Promoción dos dereitos destes membros da Universidade.
  • Formación en temas relacionados coa diversidade e a integración na Universidade.
  • Establecemento de redes de colaboración na atención á diversidade mediante convenios con outras universidades, organismos gobernamentais e non gobernamentais, etc

 

 

 

 

 

Guardar

Guardar