Listaxes de correo

Desde novembro do 2010 a UDC dispón dun sistema de listas de distribución baseado en Sympa. Para acceder, pode facelo conectándose a https://listas.udc.es/sympa/home e identificándose co nome de usuario e o contrasinal do Servizo de Autenticación única da UDC.

Esta nova plataforma, está totalmente integrada co Servizo de Autenticación única da UDC. Esta característica permite crear novas listas que se actualicen dinámicamente coas altas, baixas e modicacións das personas rexistradas. Deste xeito, os administradores das listas poden ter as súas listas totalmente actualizadas sen ter que introducir os datos manualmente e coa garantía de que a lista estará actualizada en todo momento. Algúns exemplos destas listas dinámicas poden ser a lista de PDI da UDC, a lista de alumnos dun determinado centro ou a lista de profesores dun departamento concreto.

Para solicitar unha nova lista de distribución ten que cubrir o formulario que atopará no apartado Formularios desta mesma páxina web. Para administrar unha lista de correo é requisito pertencer á UDC e estar dado de alta no Servizo de Autenticación única da UDC. Non está permitido administrar listas de correo desde contas alleas á UDC ou desde contas xenéricas.

AVISO DE ACCESO: Só se permite o acceso desde a rede da UDC. Se eres PDI ou PAS podes facelo a través da VPN.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto co Centro de Atención ao Usuario (CAU) chamando á extensión 2222.