Psicoloxía

O Departamento de Psicoloxía naceu en 1990 coa Universidade da Coruña, e ten o seu precedente desde 1974 na Sección de Psicoloxía do antigo Colexio Universitario. O seu persoal docente e investigador está integrado por 49 membros de seis áreas de coñecemento:
  • Metodoloxía das ciencias do comportamento

  • Personalidade, avaliación e tratamentos psicolóxicos

  • Psicobioloxía

  • Psicoloxía básica

  • Psicoloxía evolutiva e da educación

  • Psicoloxía social

A maioría son doutores, titulares ou catedráticos de universidade. Nestes momentos o departamento imparte docencia en 20 titulacións de oito centros da Coruña e Ferrol. Tamén se desenvolven diversos programas de doutoramento. A súa web reúne información sobre actividades, docencia, liñas de investigación e moito máis.